martes, 8 de julio de 2008

O Congreso da ilusión

Delegación ourensana con Emilio Pérez Touriño no 37 Congreso do PSOE
Imaxe de Baffypeess para o xornal La Región

Artigo publicado no xornal La Región no día de hoxe.
Volto do 37 Congreso Federal do PSOE. Volto do Congreso dos debates, do Congreso da ilusión, do Congreso das ideas.

Chego a Ourense cheo de ilusión e de esperanza porque acabamos de elixir unha executiva que aporta nova savia e novas ideas. Unha executiva, coa cal o mellor do socialismo está por chegar. Un grupo de dirixentes cheos de frescura e de decencia política. Nomes como os de Elena Valenciano, Carme Chacón, Edu Madina, Antonio Hernando ou Leire Pajín, por citar algúns, son todo un luxo para un partido político.

Leire Pajín, a protagonista deste Congreso e “amiga da alma” de Laura Seara, como a mesma Pajín se definiu, é un referente e un luxo para todas e todos os socialistas de España. Unha persoa que leva dende os quince anos loitando polos dereitos dos máis desfavorecidos, pola igualdade e contra a pobreza.

Pero este non foi o Congreso das persoas, este foi o Congreso das ideas. Abordamos os temas que lle interesan á sociedade, aínda que para Rajoy, estes son problemas menores e secundarios

Nas comisións falamos e debatemos sobre a laicidade do Estado, a lei de prazos do aborto, a prostitución, o dereito a votar dos inmigrantes, a cibermilitancia, o dereito a unha morte digna, o modelo autonómico, o cambio climático, o gasto social... E aínda hai quen di que xa non existe a dereita e a esquerda. Por certo, esto, sempre o din as persoas de dereitas.

Había tempo que non se recordaba un congreso dun partido onde se asumiran tantos compromisos sociais e de tanto calado. Política e máis política, pero política de esquerdas, era o que rezumaban esta fin de semana as paredes do Palacio de Congresos de Madrid.

E nos debates, os delegados e delegadas galegas participamos activamente e en primeira persoa, con novas propostas e novos avances para construír o socialismo e a España do futuro. Non podía ser doutro xeito, porque como dixo Zapatero, tennos o ollo posto ó Partido dos Socialistas de Galicia, sabedor de que podemos romper o mito da Galicia conservadora. E así, avanzar na transformación progresista, modernizadora e de esquerdas.

Persoalmente, quero destacar o papel que xoguei, xunto a outros compañeiros de diversas agrupacións de España, nos avances dun novo tipo de activismo político: a cibermilitancia. Un partido político non pode ir por detrás dos avances da tecnoloxía e da sociedade a así o asumiu, sen reparos, o PSOE.

Hai quen di que este foi un Congreso á “búlgara”, pero este foi un Congreso dos consensos e dos avances sociais, onde non se viu a ninguén enfadado, frustrado ou decepcionado.

Volto deste Congreso ilusionado e esperanzado, porque creo que estamos a escribir o que será o futuro da política do PSOE, e polo tanto o futuro da política de España. E pódovos dicir que é a outra cara da moeda desa política amarga e rancia que escribe o Partido Popular.

Eladio Osorio Montenegro

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Despois das ilusións veñen as desilusións

Eu vivo das desilusións diarias desde fai tres anos…
Estou do paro de largas distancias, viaxe pagado por os gobernos presentes e anteriores.

Déixolle as ilusións pra os outros !

Anónimo dijo...

O pequeno partido liberal de Alemanha era definido co slogan seguinte: “o coraçom à esquerda e o peto à direita”. Com esta idea-força intentava sintetizar o feito de que havia que governar para a satisfaçom da mentalidade progressista sempre que o permitisse umha economia conservadora. Tal semelha ser a fórmula mágica de ZP.

Lendo estes dias nalguns mass media que o giro estratégico do PSOE aponta cara à esquerda polo feito de introduzir umha série de temas na agenda (eutanásia, direito de voto –só local– migrante, etc.), nom se deixa um de sorprender pola amnésia que justo umha vez que olha para estes assuntos esquece a política econômica que se prevê faça fronte à crise.

Medidas como as do desconto dos 400 euros per cápita de rebaixa em recursos sociais ou os dos 200 euros que, via mocidade, destinam-se a manter o preço dos pisos e justificar um modelo produtivo baseado na hipoteca, distam moito de ser políticas de esquerda. E isto por nom falar de temas tabu qual o copy-left (velai o canon) ou a renda básica, devidamente estigmatizada quando foi proposta por ERC e ICV.

Mas é que, enfim, tampouco as políticas que se adoitam considerar como mais “esquerdistas” resultam se-lo tanto. Assi, por exemplo, as leis de gênero ou dos matrimônios homosexuais som bem questionadas desde os movimentos feministas e queer pola sua inoperatividade na superaçom do patriarcado. E a retirada das tropas de Iraq? Apenas um voltar a colocar a política exterior no seu lugar tradicional, a maior satisfaçom do corpo diplomático.

Nom semelha, já que logo, que ZP arrisque a perder o centro político. Cousa distinta é se, parafraseando a Oskar Lafontaine, “nom há tantos dentistas como para que este centro mantenha umha maioria social”.

Anónimo dijo...

Dame a risa ver como esribe este fulano, nin en galego nin en castelan, nunha cousa rara que semella portugués. Non se atreve a misturar ningunha palabra galega nin castelá, pero non ten reparos a empregar "palabros" en inglés que si que teñen traducción no noso idioma. No noso, non nun inventado. Esto é a demostración desta nova fornada de seudopijos, que toda a súa vida falaron en castelán e agora pretenden que falemos portugués. Gustariame verte na Espasa de Chandrexa de Queixa falando cos veciños a ver como te entendías. Hai unha palabra en inglés que os define perfectamente: snob

Anónimo dijo...

falabarato, de criticar algo critica o contido. Pra túa información eso non é portugués, e galego reintegrado. Por se tes mais dúbidas:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Reintegracionismo
E si vai a Chandrexa non terá ningún problema en falar con naide, xa que o reintegracionismo o único que defende e o cambio da norma escrita, non o galego falado. Así que antes de criticar sería mellor informarse

Anónimo dijo...

Antes de preocuparse por si é portugués, galego, galego reintegrado ou integracionismo rexional seria interesante que se preocupasen por o contido, os problemas reais.

Antes estabamos abandonados por unhos poucos que mandaban desde Madrid e agora estamos lo sendo por unhos cuantos que queren mandar desde Santiago pra chegar a un bou posto local ou en Madrid.

Quen léeo o comentario de ‘nin mileurista’ ?, e ai xente aínda peor que nin ten a posibilidade de expresar hasta que punto esta fora da sociedade.

Historicamente os partidos de izquierda eran os que se pretendían defensores dos desgraciados da economía.
Agora estou vendo que se compracen en demostrar que son cultos, temos unha izquierda CAVIAR muy lexos das preocupacións da xente da calle !

Anónimo dijo...

Snob; significa "sine nobile", algo así como "non ten nobleza". Eu tampouco a teño, e penso que ninguén que ande por este blog a teña.

O que non sexa snob que levante a mau.