viernes, 11 de julio de 2008

Sinto vergoña

Imaxino que a estas alturas xa todos/as estaredes enterados/as do último drama que acaba de acontecer no Estreito de Xibraltar. Antonte á noite arribaban ás costas almerienses 33 persoas a bordo dunha embarcación de salvamento marítimo. Había poucvo que foran rescatados dunha patera co motor avariado.
Pero o pior non foron esas 33 persoas que chegaron exhaustas e en estado de shock. O pior eran os seis adultos e nove bebés que tiveron que tirar pola borda, logo de morrer, nos seis días que andiveron á deriva.
Esta gravísima traxedia sumase á de hai uns días en Granada onde morreron 14 persoas logo de emborcar unha zódiac no rescate.
E cantos quedarán polo camiño sen que ninguén saibamos nada, porque morreron sós en alta mar sen ningún testigo.
Eu sínto vergoña, síntome culpable, síntome responsable, síntome cómplice de toda esta traxedia. Creo que xa non só a "clase" política, senón toda a sociedade deberiamos facer exame de conciencia. Porque está claro que algo estamos facendo moi mal cando permitimos que estas cousas ocorran.
Ninguén se embarca nunha patera, e menos cos seus cativos, xogándose a vida logo de facer unha travesía a pé de varios anos cruzando África, por vicio ou pracer.
Nós somos culpables de non axudar a eses países. E aínda hai quen protesta por invertir parte dos nosos cartos en Axuda ó Desenvolvemento.
Creo que máis palabras sobran.... Só invitarvos se queredes colaborar a que vos unades a unha ONG que está a traballar moito polo desenvolvemento sostible nalgúns países que pasan moitas necesidades: Solidaridad Internacional, e da súa irmán galega Solidaridade Internacional (con oficiña e tenda en Ourense).

1 comentario:

Anónimo dijo...

Que fácil e agora botarse as mans a cabeza cando fai un par de semanas 24 dos 27 eurodiputados do PSOE votaron a favor de que a esta xente se puidera ter encarcelada 18 meses.
Que pena che van a dar agora a ti??
O teu partido votou a favor dunha lei fascista propia dun estado nazi dividindo en inmigrantes de primeira e de segunda, xa que o dos 18 meses non se aplicaría a xente rica que tambén ven de fora.
Agora te da pena que morran?? E fijo ao resto do PSOE tamén, esos todos que aprobaron fai nada a lei da vergonza.
E é moi facil dicir agora que hai que axudar o terceiro mundo, pero tamén hai que esixirlle responsabilidades os seus gobernantes que con tal de encherse o seu peto deixan que as grandes multinacionais destrocen o seu país. Había onte unha moción de condena do réxime de Mugabe que misteriosamente non saía adiante polo veto dun país que todos coñecemos. Agora si, lamentarse e facil.
Dimitan os 24 eurodiputados autodefinidos de esquerdas.