Non vos podedes imaxinar o mal que o levo pasado todo o día. Preguntarédesvos o por que. Cando volo explique, posiblemente a moitos/as pareceravos unha chorrada, pero a min hoxe tenme sumido nunha seudodepresión.
Dende hai uns meses (xa bastantes) teño problemas respiratorios (as veces agudos) e algunha alerxia. Decidín por fin ir a facer as probas e hoxe era o día.
O resultado é que son asmático, con todo o que esto conleva, medicación e medicación. Pero esto non foi o que fastidiou o día de verdade. O meu gran contratempo é que nas probas da alerxia o resultado foi que son alérxico a cans e gatos.
Na nosa casa, Belén e maís eu temos dúas gatiñas siamesas (Branquiña e Mouriña), antes tivemos a Mico. Non vos podedes nin imaxinar o cariño que lle chegamos a coller a estes bichiños. Agora a médica dime que vaia pensando en deixar de convivir con elas xa que supoñen un grave risco para a miña saúde.Despois de coñecer esta nova quedeime totalmente frío. Algúns seguro que non entendedes que esto supoña un pequeno drama para min, pero é que non sabedes todo o que nos teñen dado estas dúas xoias.
Ímonos tomar un par de meses para que me fagan máis probas e ir madurando unha decisión, pero hoxe por hoxe paréceme imposible que deixe a estas dúas siamesas.
Bueno vou deixar de escribir e poñerme a facer algunha cousa por ahí que me distraia porque aínda se me van cair unhas lágrimas.
10 comentarios:
No sé qué decirte para que te animes!!!!! Siento no ser una buena "tita" y no poder adoptarlas.
No entiendo mucho, más la tristeza se traspasa, lo siento mucho, ánimo.
Saludos
Pues si que te toco el gordo.
Como ferviente compañero de nuestros amigos de cuatro patas, lo siento por ti.
Puffff intenta buscar alguna solución antes que darlas en adopción/regalarlas...Qué prefieres ¿alergia o depresión? un abrazo.
É unha verdadeira mágoa. Decía o avó da miña muller que é o único animal que ten autoestima. Por moi manso que sexa si o seu "amo" o maltrata deféndese, o can agoanta, o cabalo escapa,...
Pero meu, ante todo está a saúde. A miña filla tamén é alérxica, e nós témolos fora da casa, e o cousa está algo controlada.
Saúdos.
ESPAÑOL, ESPAÑOL, ESPAÑOL.
YO SOY ESPAÑOL, ESPAÑOL, ESPAÑOL !!!
CAMPEONES, OE
CAMPEONES, OE
¡SOMOS CAMPEONES!
CAMPEONEEEEES !
Mira, lo que dice Delfín a lo mejor es una solución. Os buscáis una casita con terrenito y podéis tener a la Blanqui y a la Mori, de todos modos consulta con el médico, yo también creo que tu salud es lo primero.
O asma, non é ningunha tontería, a xente segue morrendo de esa enfermidade e cos anos empeora.A maioría das mortes por asma prodúcense porque os médicos ou pacientes non recoñecen a gravidade da crisis. Pódese dar o caso de morte por asma bronquial ou por morte súbita provocada por un status asmático. Non pretendo meter medo a ninguén, pero non ter en conta estos datos paréceme unha necedade. Tu verás pero dar a vida por dous gatos, por moi gatos e moi bos que sean paréceme que non é unha decisión dunha persoa madura.
Eladio deixa de criar micos e ponte a criar simios, xénero "homo sapiens", dan traballo e tamén agarimo.
Necesitámolos.
Cristiano-socialistas para el cielo.
Eladio deixa de criar micos e ponte a criar simios, xénero "homo sapiens", dan traballo e tamén agarimo.
Necesitámolos.
Cristiano-socialistas para el cielo.
Publicar un comentario