martes, 3 de junio de 2008

Alaska espida en protesta polas corridas taurinas

Hoxe aparece reflexado en multitude de medios de comunicación que Alaska se saca a roupa para protestar pola crueldade das corridas taurinas.
Esto, en sí, non é que me chamara a atención, xa teñen sido moitos/as os/as famosos/as que aproveitan a súa popularidade para chamar a atención e remover as cociencias sobre un tema que lles preocupa.
O que si me chamoua atención foi parte do que ela dixo na roda de prensa. E para elo trascríbovos un pedaziño do que aparece hoxe no xornal El País:
Sobre a coincidencia da presentación da campaña coa Feira de San Isidro, Alaska resposta: "Non fago esto para aldraxar a ninguén, senón para que a xenteque non ten unha postura crara poida pensar nelo". Á artista non a convencen nin os argumentos económicos nin os culturais que defenden o mundo taurino: "O principal argumento é o sofremento do animal. Ademais, as costumes culturais tamén deben evolucionar. Senón, eu estaría na fogueira e vosoutras fregando cacharros", bromeou coas periodistas que acudiron á presentación.
Eu queríavos chamar a atención sobre esta última parte. Moitas veces hai persoas que amparándose na tradición xustifican a parálise de certas cousas e non permiten a evolución nin os avances. E non me refiro ó mundo taurino. Refírome, sobre todo, ó xeito de pensar: a relixión, as costumes, a cultura, etc...
O Mundo é algo vivo que ten que ir mudando día a día de xeito que cada quen poida pensar por si mesmo/a e se poida expresar. Xa non cabe unha única maneira de ver as cousas por mor de ter que respectar as tradicións.
Sexamos todos/as un pouco Alaska.

1 comentario:

ALTAZOR TEMBLOR DE CIELO dijo...

paréceme estupenda a idea de Alaska. Toros NON