martes, 3 de junio de 2008

O mundo da moda vistese de negro

Morreu o xenio da moda. O máis grande entre os grandes. O gran Yves Saint Laurent.
Os/as que me coñezades saberedes que eu non son un gran seguidor das tendencias en canto a vestido, pero recoñezo que teño devoción por algúns deseñadores que parecen tan artistas como algúns pintores, escultores ou bailaríns.
Hai uns anos tiven a oportunidade de ver no Museo de Arte Reina Sofía unha exposición de Pertegaz, e creo que foi ahí cando de verdade reparei en todo o arte que hai nas prendas de vestir da alta costura. É todo arte, e quenes as deseñan son uns artistas.
Entre todas estas estrelas, ó meu parecer, sempre houbo unha que brillou con maior intensidade que as demais. E este foi o gran Yves Saint Laurent.
Hedi Slimane, o creador da imaxe masculina de Dior dicía onte que: "Estaba el, e a moita distancia, ó resto".
Comparto as súas palabras. E aínda que había tempo que el xa non deseñaba para a marca que leva o seu nome, Yves Saint Laurent seguía sendo o máis grande.
Creo que tardará tempo en haber outro coma el.

No hay comentarios: