sábado, 10 de mayo de 2008

Baltar, o trileiro


Onte foi un día de bastante traballo para o Grupo Socialista da Deputación. Alfredo García

facía públicas contratacións de servizos irregulares por parte de Baltar na Deputación. Eladio Fernández comparecía ante os medios para denunciar que os vehículos da Deputación se sirven de gasoil nunha estación de servizo do tenente-alcalde de San Cibrao, a razón de 16 millóns de pesetas ó ano, sen que medie ningún tipo de concurso. Carlos Montes, acompañado de Laura Seara e Miguel Fidalgo desvelaban o mapa de enchufismo do PP na Deputación.

Se queredes ampliar a información podesde facelo nas novas que recollían algúns medios: La Región, La Voz de Galicia, Ourensedixital...

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Todos sodes iguais, Osorio non me veñas con contos, senón que pasa na Consellería de Medio Ambiente (Psoe).
Un Exemplo: Alberto nº1 do psoe pola Teixeira esta traballando na delegación como asistencia técnica (Contratación a dedo)
ESTAMOS NUN PAIS DE CORRUPTO, SEXAN DO PARTIDO QUE SEXAN

Anónimo dijo...

Aclaración para quen non saiba o que é unha asistencia técnica. Unha consellería contrata temporalmente a unha persoa experta nun tema en concreto para que o asista tecnicamente. Totalmente legal e algo moi recorrido nas administracións. Así que non comeces a enmerdar ós demais porque aquí non é certo que todos os partidos son iguais.
Porcerto na deputación si que se preparan oposicións a medida para os afins do PP, exemplo: alcaldes de Rubiá, San Amaro, Trasmiras, ex-alcalde de Maceda, concelleiros de Maceda, Esgos, e mil etc...
Algún día terei que preparar unha listiña de todo o que sei

Anónimo dijo...

PSOE=PP.....
PACHI VAZQUEZ= BALTAR
Osorio podesmes decir como fai as contratacios Pachi na Conselleria de Medio Ambiente

Anónimo dijo...

ARIADN PERDOA QUE CHE DIGA PERO NON TES NIN IDEA
Este goberno bipartito prometeu que iba acabar con todas as asistencias tecnicas e non so non acabou con elas senon que as triplicou.
Sobre o que dis de que se contrata persoal experta en determinados temas tes razón. En que está especializado ALBERTO Nº 1 do Psoe da Teixeira.
¿¿¿PODESME CONTESTAR???

Anónimo dijo...

Anónimo de Armeses, véxote moi preocupado. E logo non te enchufou Baltar nesta última tanda na Deputación. Andas escocido por eso, porque xa non dades enchufado a todos os queredes. Manda carallo