domingo, 16 de diciembre de 2007

Caciquismo igual a Baltarismo


Hai moitos anos que os socialistas da provincia de Ourense levamos denunciando as cacicadas que Baltar (presidende do PP provincial e da Deputación) comete todos os días. Levamos repetindo ata a saciedade que Baltar utiliza a Deputación no seu propio beneficio. Ten o triste récord de ter a Deputación máis endebedada de Galicia (ten máis débeda que orzamento, cerca de 80 millóns de euros). ten o triste récord de ter a Deputación que máis invirte en persoal (preto de mil persoas, case todos cargos do PP ou familiares). Ten o triste récord de ser presidente da Deputación que menos investimentos fai na provincia (menos do 10 % do orzamento e a metade do que gasta en persoal). Ten o triste récord de ser o presidente do PP máis sectarista que existe (todo aquel que non é da súa corda desaparece da política no PP ourensano).
Pois con todo este currículum e todas as tropelías que comete a diario, o PSdeG-PSOE de Ourense denunciamos día sí e día tamén quen é este personaxe. Pero Baltar sempre negaba que él era un cacique. Só o seu fillo (Xosé Manuel Baltar), que é deputado do PP no Parlamento Autonómico o recoñecía en público e dicía que o caciquismo era bo para a provincia de Ournse.
Nesta semana Baltar trocou o discurso e por fin recoñeceu o que todos sabiamos. Recoñeceu que el era un cacique ó estilo deo século XVIII (eso sí acto seguido apostillou que o BNG e PSOE máis). Como pasa co psicólogo, xa avanzamos algo, posto que o primeiro paso é recoñecer o problema. Baltar xa non nega que é un cacique. Agora xa só lle queda pedir perdón a todos os ourensanos e ourensanas e irse para a casa, porque a nosa provincia non merece que nos estea gobernando un cacique. Xa non vale a xustificación que sempre dá de que a xente o vota. En democracia non todo vale e non se pode permitir que a provincia de Ourense, unha das máis atrasadas de España estea gobernada por un especimen desta calaña.
O día seguinte ó número dous do PP galego, o Sr. Rueda saíu na defensa de Baltar, ante a chuvia de críticas que lle estaban a cair por parte do PSdeG, e xustificouno como que "A Baltar hai que entendelo". Semella o caso de cando un rapaz che sae torto e o pai dí "Claro, pobriño, hai que entendelo".
Estamos fartos de estar gobernados polo último cacique de España, por este que entre os seus alcaldes ten a franquistas, señores do PP, polo ben do seu partido, da democracia e da nosa provincia fagan que o último CACIQUE se vaia para a casa.

14 comentarios:

Anónimo dijo...

Parece que vai a estoupar como unha castaña

Anónimo dijo...

Y si os fijais en las caras de Fraga y de Rajoy... Al Manoliño parece que le sale del alma un Ja, ja, ja,...eiiii carballeira. Y a Rajoy un, me cago en tal en donde me he metido, y el cabrón del fotógrafo nos va a hacer una foto

Pedro J dijo...

Menuda gente teneis en Ourense. Menos mal que estos especímenes ya están en peligro de extinción.

Anónimo dijo...

El Alcalde Castro Caloelas copia de Baltar Todos los que trabajan en el Concello son del PSOE

Anónimo dijo...

¿Estás seguro/a? ¿Crees que tienen carnet de afiliados? ¿Crees que lo exigen para entrar a trabajar en el Concello? Juraría que lo dices no es verdad. Lanzar esas acusaciones así me parece un poco fuerte.

ariadna dijo...

Pensa o ladrón que todos son da súa condición

Marco Ferrara Ferrero dijo...

Que foto más guapa... :-)

Rogelio Martínez dijo...

Baltar representa a esa clase política rancia e anclada no século XIX que se mantén no poder a costa das desgrazas dos demais: falla de emprego, problemas de saúde, baixas rendas, etc... É incrible que haxa xente nova que defenda esta maneira de facer política que só nos ten levado a batir todos os récords de subdesenvolvimento dentro do Estado

Josef K. dijo...

El comentario sobre el concello del Castro se debe tomar como una bromita de mal gusto ¿no? De muy mal gusto (penoso gusto), pero bromita, finalmente.
Algo tan falaz y mentiroso no se pude tomar en serio, ni para rebatirlo. Lo que jode es que se utilicen entradas en este o otros blogs para insultar y ofender gratuitamente a personas respetables.
Te lo dice alguien que no es del PSOE y que no trabaja en el concello del Castro.

Anónimo dijo...

Josef K. Si tanto saves del concello y noeres del P.S.O.E danos datos que nos convenzan

ariadna dijo...

uas anotacións para a última anónima: primeiro, deberías de corrixir a túa ortografía, métese con calquera esas faltas que cometes (non sei como as funcionarias non vos esixen algo máis). Segundo, hai que ter moitas narices para esixirlle ti nada a ninguén sobre a súa identidade, ti que te amparas sempre no anonimato. Dende logo moi malos aires deben correr polo Cima da Vila para que teñas tan mala hostia (menos mal que a túa filla é mellor persoa ca ti)

Anónimo dijo...

Unha comida patrocinada...unha cacicada...que peto paga?

machupichu dijo...

Manda güevos, estos anónimos insultones que pululan por eiquí e por alí son a leche. Eles poden insultar e difamar (ah, esquecíame, eles sí aportan datos que convencen, ainda que eu todavía non conseguín atopalos)pero non soportan que alguén defenda a opción contraria (por certo, sen insultar a ninguén) e teñen a desfachatez de pedir "datos que convenzan". Suponse entón que Josef K. debe levar a cabo unha labor de investigación da vida privada de tódolos traballadores do Concello e publicar eiquí todos ises datos, facendo especial fincapé nos carnets que poidan ter (o do caldelao, o do mercadona, etc...). Qué cachondo o anónimo, a verdade é que ten un sentido do humor flipante (lástima que non teña un pouquiño máis sentido do ridículo). Pois nada, Josef K., a investigar, a investigar!!!!!!

Josef K. dijo...

Gracias por el "capote" Machupichu. La verdad es que no sé por dónde empezar: ¿Juego a ser Holmes? ¿Marlowe, tal vez?
Como decía en mi primera entrada: mejor tomárselo a broma.