viernes, 16 de noviembre de 2007

SOS galego

Onte caiu nas miñas mans un artigo de Luís Ventoso publicado no xornal La Voz de Galicia titulado SOS galego. Por falta de tempo tiven que leelo a presa e correndo. Pero hoxe volvín a retomalo e leelo con calma, xa que o día anterior quedara un pouco preocupado polo que alí dicía.

Vouno a reproducir integramente e logo volto a facer uns comentarios.

Na casa do 80% da xente que agora ten 40 anos falábase sempre en galego cando eles eran nenos. Pero a presión abafante da ditadura provocaba que nas cidades os pais empregasen a lingua do país e os fillos respondesen en castelán. Era o resultado da idea, gravada a lume polo réxime, de que en galego non había futuro: era -¡que erro!- o idioma dos pailáns.
¿Resultado daquela terrible imposición? A maioría dos fillos de galegofalantes sen unha ideoloxía forte e que viven en cidades acabaron convertendo o castelán na súa lingua real: aquela que empregan case todo o día, aquela na que fan o amor e as risas.
A presión foi tal que hoxe o galego, que é o maior patrimonio cultural de Galicia, vai camiño de converterse en 30 anos nunha lingua litúrxica. ¿Exemplos collidos da vida real? Aí van algúns:
-En moitas comidas de traballo con xente próxima á Administración o xantar comeza en galego, pero en canto corren dúas copas de viño, toda a mesa acaba falando en castelán. Uso litúrxico do galego.
-No medio rural, a reserva do noso tesouro, o proceso de castrapación está chegando ao nunca visto: a xente di «o meu hermano», «a miña mano», «fun pola noche». O galego convértese así nun spanglish deturpado.
-Nas cidades, que é onde se vai marcar o futuro do país, os rapaces escolarizados ao 50% en galego no recreo falan todos... en castelán.
-A lingua literaria dos escritores non conecta coa realidade lingüística do país, onde ninguén di «grazas», nin «plantexamento». E cando a maioría dos mariñeiros galegos pronuncian «polbo» non se refiren precisamente ao pulpo .
-Dous dos tres líderes políticos de Galicia falan moitísimo mellor o castelán que o galego, onde teñen problemas.
Resumindo: o corte dos 40 anos de Franco deixou ao galego tremendo. A lingua quedou parada nun universo rural e resucitou nun futuro que é ciencia ficción comparado co mundo da corte e o sacho. Urxe un plan (amigable e despolitizado) para darlle folgos ao idioma. ¿Quen o ten? Non se albisca e, ademais, por desgraza, é case imposible torcerlle a man á realidade da rúa.

Eu vai para tres anos que por motivos que non veñen ó caso trasladei a miña residencia de Castro Caldelas para Ourense. Aínda que con anterioridade tiña moita relación coa capital da provincia e era raro a semana que non estaba catro ou cinco días nela, nunca me parara a reflexionar nun fenómeno que se dá na cidade.

Considero que en Castro Caldelas, o igual que no rural ourensán ó redor dun 95% da poboación entende o galego, e ó redor dun 75 ou 85% empregano no día a día. Na cidade pódese observar que o galego é máis empregado nos barrios periféricos que no centro ou nas novas urbanizacións, e tamén se pode observar que practicamente ningún menor de 18 anos emprega o galego como lingua de relación coas demais persoas. E digo practicamente ninguén, porque na cidade cóntanse os casos de cativos que podemos atopar falando en lingua galega cos seus iguais.

Ten razón Luís Ventoso de que commpre un plan amigable e despolitizado para darlle folgos ó idioma. Hoxe estanse a impartir o 50% das clases na lingua do país, os nenos entenden, leen e son capaces de falar en galego (de lata) correctamente, pero logo non o fan.

Hai pais que botaban e botan as mans á cabeza cando se lles di que hai que empregar o galego na escola. Eles respostan... hai que estudar máis inglés e menos galego.

Pero señores, sexamos serios... que unha cousa non quita a outra. Na Suiza teñen tres idiomas e estúdanse outros tres e non pasa nada. Os cativos saben falalos todos. Non teñamos medo ó que non se lle debe ter, e ademais temos o grande privilaxio de ter un patrimonio cultural que outros territorios non teñen, axudemos a conservalo e a difundilo, que elo faranos máis ricos culturalmente, intelectualmente, etc...

Non somos máis que ninguén, pero a nosa lingua fainos diferentes e máis ricos.

28 comentarios:

Natalia dijo...

Os cuarenta anos de paron no uso da lingua galega e outra das moitas cousas que lle temos que agradecer o "generalísimo". E unha pena que se poida perder algo tan rico coma é o noso idioma.

Saúdos,

Así está Murcia dijo...

Nadie se opone al uso del gallego como idioma, lo que es indignante es que se intente limitar el español como hace por ejemplo BNG, porque ambos idiomas son cooficiales en Galicia, no hagáis al revés lo que criticas de Franco.

kiko dijo...

Penso que non se pode facer mais.
Cando eu estudiaba, fai 22 anos 2º de bup era o unico da clase que falaba en galego. (nas clases entendese). Non habia posibilidade de facer un examen en galego, nin de que outra asignatura que fora o galego fose impartida neste idioma.
Ainda asi con un pouco de rebeldia decidin falar en galego no 100% das clases (non escribir) o que foi bastante ben tolerado por parte dos profesores e dos compañeiros.

Hoxe a situación mellorou moito. Que o 50 das clases sexan en galego e un avance tremendo. E penso tamén que o limite. Non hai que pasarse a ver se vamos a entrar no que criticamos no seu tempo.

Chegados a unha cota de equidistancia, penso que é bastante xusto botar o freo e consolidar a situacíón.
Evidentemente o que queira falar en castelán ou tomar as suas clases en castelán tamén ten os seus dereitos.

Sigo pensando que o avance e tremendo. Non hai mais que ver os medios de comuncicación. A televisión. Nada disto existia.

Ainda recordo aquela extrana sensación de ver a algen falando en galego nas emisions en probas da TVG. Acostumbrados a oir sempre a TV en castelán faciase extrano ou exotica a sintonia cerebral co aparato.

Con respecto a Ourense, non te asustes. Xa non vivo alí, pero cando vou non vexo a situación moi mal.
Aqueles tempos en que entrabas nas tendas, farmacias, bancos, e te dirixias os que te atendían en galego, ca man na metralleta, por si che soltaban algunha por non falar na sua "adorada" lingua xa quedan moi lonxe.

Se os rapaces non falan, penso que non serán todos, tampouco se lles pode poñer unha pistola na cabeza. Teñen o seu dereito a decidir en que queren falar.

Tampouco se pode un pasar.

Eladio Osorio Montenegro dijo...

Aclaracións 1ª parte (para Así está Murcia)
Antes de contestarche atrevinme a pasar polo teu blog (para quen queira botar unha ollada http://asiestamurcia.blogspot.com/) e non me fixo falta pensar máis.
Eu creo que non son sospeitoso de ser nacionalisata, comparto moi poucas cousas con eles e a pesar de que o meu partido ten que gobernar co BNG en moitas institucións a min gustaríame poder facelo con outro tipo de forzas. Dito esto, que un murciano que vive a 1000 quilómetros de distancia de Galicia, que reivindica o trasvase de auga para a súa terra sen ningunha outra xustificación que porque lle fai falla, que nega o cambio climático fronte as evidencias, que di que Zapatero funde a Murcia cun AVE de 2ª categoría, que di que a Universidade de Murcia é o cortixo da esquerda, etc..., veña a dicir que os que defendemos o uso do galego estamos a facer como fixo Franco co uso de español só merece todo o meu desprecio. A ignorancia é moi atrevida, que un fan que pretende que unhas terras de España sexan clones das outras fronte á diversidade cultural das nosas comunidades é un perfecto descoñecedor do que pasa máis alá dun palmo da súa nariz. Dende aquí convídote a que veñas a Galicia que a coñezas e nos coñezas as galegas e os galegos para que vexas que aquí ninguén cercena os dereitos dos castelanofalantes, que todos nos levamos ben e que o único que queremos e coidar as nosas tradicións e a nosa cultura, como imaxino que querras coidar ti a murciana.
Unha aperta.

Eladio Osorio Montenegro dijo...

Aclaracións 2ª parte (para Kiko):
Creo que como ti dis a situación mellorou nalgúns eidos, xa non dá medo ir a algunhas administracións e falar en galego, ou nalgúns comercios, pero tamén creo que hai eidos nos que practicamente non se fixo nada, e explícome:
Se ó redor dun 70% dos galegos e galegas falamos galego porque nas lápidas dos cimiterios non se escribe en galego, porque os carteis das tendas non están en galego, porque o cine non o podemos escoitar en galego, porque practicamente non hai prensa escrita en galego, porque na xustiza é tan difícil expresarse en galego, porque no eido militar pasa o mesmo, etc...
Mudou moito esto, pero queda moito camiño por andar

Así está Murcia dijo...

Estás confundido, yo no he dicho nada en contra del gallego, es cooficial, por lo que tiene que estar en igualdad de condiciones que el español.

Lo que digo es que me parecería lamentables que se discrimine a los hispanoparlantes(como a los bomberos a los que no se renovó el contrato por no hablar gallego) y como quiere un sector del BNG porque es lo que hizo Franco(y es normal que denuncies)pero al revés.

Por tanto estoy defendiendo lo mismo que tú, así que no sé a que viene ese desprecio

Así está Murcia dijo...

Por otro lado claro que defiendo el Trasvase a Murcia y Valencia sólo porque falta agua, es que la solidaridad entre regiones está en la Constitución Española, y desde Murcia se envía a otras regiones gas , petróleo y electricidad, que es mucho más peligroso.

Protesto porque la Universidad esté politizada, porque al ser pública ha de ser de todos, me parecería igual de mal que estuviese controlada por el PP, la universidad no está para eso.

Y claro que no quiero que todas las CCAA sean clones unas de otras, quiero que cada una tenga sus culturas y sus tradiciones, pero juntas formamos un proyecto común que es España.

Espero haberte aclarado todas tus dudas.

Un saludo

Anónimo dijo...

En Galicia (para así está Murcia) non hai desprecio para os castelán falantes (e se non pásate por Galicia e vota unha ollada), e dígo máis non pode haber desprecio porque si non os que falamos galego teriamos que despreciar a un oitenta por cento da poboación. Ninguén se mete co uso do castelán o que queremos e que se recupere o uso do galego en tódolos ámbitos e que non sexa unha lingua na que moitos galegos (e esto é unha pena e unha realidade) só saben decir carallo e cuatro tacos máis.

Saúdos.

Así está Murcia dijo...

Anónimo, si yo digo de cuidar el gallego, pero que no se caiga en la tentación de discriminar al español, que es cooficial en Galicia

Galicien dijo...

Pero home non te das conta que estás falando dende 1000 quilómetros de distancia e non coñeces a realidade galega tan ben coma nós. Aquí ninguén discrimina o castelán falante senón todo o contrario, se hai algún problema é para seguir falando en galego. E deixa de empecinarte coas túas teorías sobre unha relaidade que che queda lonxe e que só a coñeces polo ABC a COPE e Antena 3

Anónimo dijo...

Comparto tu opinión sobre la necesidad de rehabilitar el uso y la imagen del idioma gallego.
Pero discrepo en cuanto a la necesidad de hacer de ello un emblema nacionalista dentro de España.

Muy bien escogido el modelo suizo, pero en Suiza tres de los cuatro idiomas regionales se apoyan sobre idiomas de ámbito internacional como el alemán, el francés o el italiano.
Con aprender Inglés sus hijos podrán recorrer el mundo sin ningún problema.
Si además aprenden chino, ruso, japonés o español, serán plebiscitados por el mundo laboral.
Claro que cuanto más se aprenda mejor, y nuestra juventud no es más tonta que la Suiza, pero los fondos del estado tienen un límite y los políticos son los que definen la prioridad a dar en cuanto al reparto de esos fondos.

Pienso que favorecer el aprendizaje del inglés, tan pronto se pueda, debería ser la prioridad principal de nuestra clase política tanto autonómica como nacional, para favorecer el desarrollo de las futuras generaciones de ciudadanos Europeos.

Yo mismo soy un Europeo de origen Español, nacido en Galicia y trabajando en Europa.
Conozco amigos Europeos de origen Español, nacidos en el País Valencià, en el País Catalán, y en Euskadi pero lo que nos une es el Idioma Nacional, tanto el español como el del país que nos acoge.

Anónimo dijo...

Meses atrás @s nen@s puderon convertirse en escritores de contos.Moito interesante.Levaba unha intención nula de empregar a nosa língua.Predícame con exemplos.

catuxa dijo...

Non entendo nada do último anónimo

ollomol dijo...

Catuxa, voucho explicar eu, está criticando (que é o único que sabe facer) un taller de escritura que, desinteresadamente, unha persoa do Castro fixo para os nenos o mes de Agosto, e que se trataba de que os nenos fixeran contos do que eles quixeran e nalingua que eles quixeran, xa que era un taller de verán e non só había nenos que viven no Castro (é decir que falan e escriben en galego), se non que tamén había nenos de fora, os que, cómo é normalnon poden escribir en galego porque non é unha lingua que controlen. Ademáis os nenos tiveron plena liberdade para escibir en galego ou en castelán. Pero bueno, o caso é que o anónimo de sempre, debería haber ido tamén a ese taller de escritura para aprenderes a expresarse cando escribe, porque está claro que xa somos varios o que non entendemos moi ben o que quere decir cas súas frases lapidarias. E cando faga él algo desinteresadamente por os demáis estará en disposición de criticar o que fan os outros.

Anónimo dijo...

Dos propios acentos tiveran vergoña;de cautivos falaran palabras de servos e ilotas.
Deixaran os doces acentos xacundos,por extrañas palabras de servos,ignaros e escuros.A nai aflixida ós propios tomara por xente extranxeira.....

Anónimo dijo...

Este é o poema compreto de Pondal, está ben, moi ben, acordarse dun autor que buscaba, entre outras moitas cousas, que Galicia atopara o seu camiño propio sen estar sempre as expensas de España, pero moitas veces, está tamén moi ben explicarlle a xente de donde salen as cousas é porqué se dixeron no seu momento. E é moi importante transcribir os poemas tal e coma os escribe o autor e non facer un remix o noso modo ( as veces ir de culto ten os seus problemas):

A lingua tiveran
por lingua de escravos;
esqueceran os patrios acentos,
suidosos e brandos.
Dos propios acentos
tiveran vergonza;
de cautivos falaran palabras,
de servos e ilotas.
Deixaran os doces
acentos xocundos,
por extrañas palabras de servos,
ígnaros e escuros.
A nai afrixida
da escura miseria,
os propios tomara
por xente estranxeira,
e espantada escuitara dos fillos
a plática serva.

(pouco máis e fas unha versión nova do poema de Pondal, e Pondal é único, amigo)

Anónimo dijo...

cachola de ollomol e língua de político,que mezcla máis explosiva.queda por explicar por que nese taller se puideron ver logotipos de fundacións,asociacións...selos oficiais... pra ser unha persoa soa parescía un equipo.o insistir tanto en nomear desinteresadamente tería explicación. petamos nunha porta pechada pola noite,nun tempo desnortado,de borralla;esperanzas poucas e decepcións certas.

Eladio Osorio Montenegro dijo...

Tiña pensado censurar o comentario anterior porque neste blog ten cabida a crítica pero non o insulto. O que pasa é que eso seguro que é o quero o que profire os insultos. Como ves ten blog ten cabida todo o mundo e todas as opinións, pero ti cos tús voz altisonante non es quen de xerar ningunha opinión, tan só difamas e insultas. O mellor e que non sirves para outra cousa, e aínda por riba tes que te esconder baixo un anónimo, pero creo que todos temos moi clariño de quen se trata.

OLLOMOL dijo...

Eladio, non che merece a pena nin borrarlle o comentario nin pararse siquera a insultalo.
Si se pon énfasis no de "desinteresadamente", é porque se foras tú (pondo un exemplo impensable, xa que tú non farías algo así por os nenos do pobo), o que fixeras algo de esas características, cobrarías por elo. Por eso remarco o de "desinteresadamente", porque tú o mellor non sabes que quere decir ou nunca o practicaches. O resultado de ese taller estivo exposto na Fundación Comarcal, pero claro tí probablemente non te pasaches por alí, porque as cousas que se fan no pobo non che interesan, pero o mellor podeslle preguntar a algún familiar teu ( por exemplo algún fill@¿?), que ten moitas máis inquietudes culturais ca tí e que intervén moito máis nas actividades do pobo, e faino tamén,inda que no no creas, "desinteresadamente".

Entérate das cousas e despois fala delas, e deixa de terminar as túas intervencións coma se foses un erudito, porque en realidade de eso tes moi pouco e inda que non o penses notachese ben.
E se non te quedas tranquilo, pregúntalle a xente que mandou os seus fillos se quedaron contentos, e podeslle preguntar tamén se os nenos( que todo o mundo sabe que son os que van votar nas próximas eleccións) levaron aprendida algunha consigna política para a casa (Ai! perdón que a xente do pobo non lle podes preguntar, porque non te falas ca maioria, esquecíame de ese pequeno detalle)

Anónimo dijo...

Si y le podeis decir al plasta ese porqué no se dedica a escribir en su blog en vez de molestar en este.
Aunque en su blog no tiene mucho que decir, porque no entra ni dios... ja, ja ja.

Anónimo dijo...

E cal é o seu blog?
podedes dar a dirección?

Anónimo dijo...

Sinto contradecir o penúltimo anónimo peroten páxina web e non blog (que se saiba).

Anónimo dijo...

e cal é a súa GüeV??

Anónimo dijo...

e cal é a súa GüeV??

Anónimo dijo...

e cal é a súa GüeV??

Anónimo dijo...

É a do PiPi De CaCa?? ;)

Anónimo dijo...

Así como calquer guerra
dobrega a valentía,
así como nos vai facendo
máis odiosos cada día,
así quedará este mundo
si nos falta a poesía.
Ramón Rodríguez.
Supoño que desinteresadamente os nenos que participaron no curso, por riba de ter o pensamento aberto pro aprendizaxe das línguas algun sangue galego lles correría.

Anónimo dijo...

Alédome de que Cervantes lle rinda homenaxe a Juan Gelman pola súa poesía, polo seu compromiso.Son quen de atopar poesía.... quen? se compromete pola nosa fala.... a quen? queredes comprometer. Chacurras de merda...a QUEN? queredes comprometer....coidadiño ca calumnia,...aclarade as vosas mentiras e xa foi.....nas cousiñas de Caldelas (das que nunca falades)que pasou nese taller? ou era unha fundación...estaba Clinton?