Quería aproveitar este blog para mostrar a miña repulsa polo acto vandálico de agresión a unha menor colombiana que onte nos ofreceron onte os telediarios de todas as cadenas.Non sei o que faría se eu fose un familiar de esa rapaza, pero, estaría, falando mal, con moitas ganas de darlle unhas ostias a ese tipejo(inda que a violencia non se acaba con máis violencia, pero hai que verse no caso). Paréceme increíble que hoxe xa está nas rúas coma si nada e paréceme tamén impresionante que ninguén lle votara a man a rapaza. Está claro que e verdad o que se decía de que si algunha vez te sintes atacad@ que non se che ocurra gritar socorro porque ningúen che vai acudir, que é millor gritar LUME, para que a xente se sinta ameazada e vaia na túa axuda.E vergonzoso que haxa xente coma esta polo mundo. Non quero pensar que houbera pasado se en vez de unha agresión (que xa é gravísimo)falaramos dun intento de violación ¿nadie habería posto a cara pola rapaza? So espero que a esa xente non lle pase nunca nada parecido...
Nacín no 71, en Castro Caldelas. Alí me criei e medrei xogando entre os castiñeiros na Devesa. ¡Cantas veces alí xogamos os pistoleiros...!. Logo estudei en Trives, onde fixen moi bos amigos/as. Máis tarde fixen en Ourense Educación Social. Esta carreira marcou a miña vida, polo que aprendín e por coñecer nela a Belén, a miña parella. A mellor persoa que se cruzou na miña vida.Traballei dez anos como técnico de desenvolvemento rural para a Asoc País do Bibei-Ribeira Sacra. Dende pequeniño levo metido o PSOE no sangue, xa que meu pai é alcalde socialista e entre el e a miña nai infundíronme uns valores baseados na igualdade, na tolerancia, no respecto e en preocuparme polos temas sociais. Fun concelleiro e portavoz do PSdeG-PSOE en Castro Caldelas do 91 ó 99 e do 07 ata hoxe, tamén secretario comarcal do PSdeG-PSOE de Trives-Caldelas do 04 ó09. Traballo como asesor do Grupo Socialista na Deputación de Ourense. En novembro de 2009 constituiuse por primeira vez na historia do socialismo ourensano a Executiva do PSdeG-PSOE na provincia, os/as compañeiros de partido encomendáronme a tarefa da Secretaría de Acción Electoral. Son o maior de catro irmaos, e son un apaixoado da fotografía.
2 comentarios:
BUENISIMO......
La imagen dice mas que mil palabras.
Un abrazo.
Quería aproveitar este blog para mostrar a miña repulsa polo acto vandálico de agresión a unha menor colombiana que onte nos ofreceron onte os telediarios de todas as cadenas.Non sei o que faría se eu fose un familiar de esa rapaza, pero, estaría, falando mal, con moitas ganas de darlle unhas ostias a ese tipejo(inda que a violencia non se acaba con máis violencia, pero hai que verse no caso). Paréceme increíble que hoxe xa está nas rúas coma si nada e paréceme tamén impresionante que ninguén lle votara a man a rapaza. Está claro que e verdad o que se decía de que si algunha vez te sintes atacad@ que non se che ocurra gritar socorro porque ningúen che vai acudir, que é millor gritar LUME, para que a xente se sinta ameazada e vaia na túa axuda.E vergonzoso que haxa xente coma esta polo mundo. Non quero pensar que houbera pasado se en vez de unha agresión (que xa é gravísimo)falaramos dun intento de violación ¿nadie habería posto a cara pola rapaza? So espero que a esa xente non lle pase nunca nada parecido...
Publicar un comentario