Círculos conservadores piden a súa retirada por blasfemo. Non hai moito tempo estas mesmas persoas pediron aretirada dunha exposición en Extremadura, subvencionada pola Junta, cos mesmos argumentos.
Que o fervor que desperta o fútbol é case máis grande que o que levantan as relixións é un feito. Tal vez é esta idea a que aproveitaron os creativos que realizaron a nova campaña para atraer socios do Getafe F.C. Sen dúbida, o nuevo anuncio non deixa indiferente a ninguén: unha voz en off na que persoaxes bíblicos dicen “non” a Deus para recordar que “primeiro está o meu equipo”.
Por suposto, a polémica non tardou en xurdir. Dende a web ultraconservadora HazteOir.org xa solicitan ós responsables do clube “a retirada do seu blasfemo anuncio”. Segundo esta plataforma, o anuncio “ofende gravemente ós cristiáns”.
Creo, polas últimas novas que teño, que a Conferencia Episcopal (esta que hai uns días amparou a un cura violador de menores) pediu tamén a retirada do vídeo, que o Getafe procedeu a interrumpir a súa emisión.
jueves, 12 de julio de 2007
Polémico video promocional do Getafe CF
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Creo que un pouco si que se pasaron
Publicar un comentario