martes, 24 de julio de 2007

A nova portada da revista El Jueves

Imaxino que a día de hoxe xa saberedes todas e todos que o pasado venres a revista satírica El Jueves foi secuestrada polo xuíz El Olmo. Non vou reproducir aquí a portada orixinal porque está máis que vista por todos os lados. De feito en internet xa se subastan exemplares por valor de 2500 euros.
A web da revista non funcionou durante algúns días posto que se saturou e logo foi intervida polo xuíz ata que retiraron a portada orixinal.
Hoxe amósanos unha nova versión que seguro non lle molestará en absoluto á Casa Real nin o xuíz.
A verdade é que debido a este secuestro hábrese un bonito debate sobre a liberdade de expresión, ¿por que vós credes que aínda que na portada dunha revista se amosen as figuran dos Príncipes de Asturias facendo o amor é para retirála de circulación?, ¿por que falando claro, é que Felipe e Letizia non follan?

10 comentarios:

Anónimo dijo...

Follar está claro que follan porque a camada de nenas está ahí, pero o que está claro e que se se tratase de min ou de alguén da miña familia non me faría moita gracia (por poñer un exemplo que fixeran unha caricatura da miña moza e máis eu votando un "quiqui" e que a publicaran na revista da Ribeira Sacra) , entre outras cousas porque eu creo que o ser unha figura pública non implica que a túa persona non mereza un respeto. De todas maneiras eu son da idea que unha vez publicado é unha tontería secuestrar a portada porque iso so vale para darlle máis bombo o tema.

Anónimo dijo...

Eu non creo que esto sea unha falta grave de respecto.
Non entendo que nos levemos as mans á cabeza por esta portada e non por outras nas que se meten con Aznar, Bush, Rajoy, Zapatero, etc...
¿Que pasa que coa Casa Real non se pode meter ninguén pero cos gobernantes sí?, ¿ou cos da farándula?
Salud e a pola República

Anónimo dijo...

Pero se o caso non é ser da Casa Real uo non , e que eu creo que con outros personaxes públicos a reacción sería a mesma.El Jueves ten días nos que a súa gracia roza o mal gusto.E tampouco creo que ninguén leve as mans a cabeza a estas alturas, e cuestión de saber distinguir entre un chiste bon e un mal chiste.

Anónimo dijo...

ó mellor o do mal gusto é unha apreciación túa. A min esta revista paréceme que se gasta un humor ácedo e corrosivo que nós ven moi ben a todas para desenferruxar eses tornillos que todas temos e que nos anclan ó pasado. Se poñen na viñeta a Rajoy dándolle a Piqué non pasaría nada. Saúde e III República

Anónimo dijo...

Por suposto que é unha apreciación miña, porque como comprenderás non vou a escribir unha apreciación túa, e claro que vai en gustos, pero a min tampouco me parecería correcto que aparecera unha viñeta de Rajoy dándolle polo cú a Piqué (inda que nestas datas iría moi ó conto).

Anónimo dijo...

¿Acaso os republicanos creen que un presidente da república serìa moi distinto a unha monarquía? Se tuveramos un presidente da república e o Jueves fixera a mesmo chiste as consecuencias serían as mesmas ou peores. E en cuanto a privilexios, mirai por ahí as repúblicas que hay se teñen moitos menos privilexios os seus presidentes que os monarcas. Eu creo que non é cuestión de facer un debate se o mellor é unha monarquía ou unha república, se non que é unha cuestión de respecto. Por certo, gustaríame saber si, como decides vos, os da portada foran Rajoy e Piqué, se os do PP houberan feito as mesmas declaracións e se estarían ou non de acordo co secuestro da portada.(Eu entendo que este blog e para opinar e dar as apreciacións que cada quen considere oportuno, porque supoño eu, que ninguén falará pensando que é o portador da verdade aboluta, non si?)

Anónimo dijo...

De todos os xeitos angel, eu quero facer unha apreciación sobre o que comentas da monarquía e da república. Ti imaxina que os nosos gobernantes non os poideramos elexir nas urnas senón que foran postos por ser fillos de alguén, e ese alguén doutro alguén e así sucesivamente.... Eu creo que eso non sería bo, non si? Pois eu creo que nun país do século XXI non cabe que o Xefe de Estado teña esa condición por ser fillo dunha persoa en concreto. Tan só quero poder elexir o meu Xefe de Estado, por certo como se fai en case todo o mundo.
Perdoa, sei que o debate non era este, pero é un tema que me chama moito, unha aperta

Anónimo dijo...

Se está claro, pero esto está montado así, e o que pretendía explicar e que as alternativas a esto tampouco me parecen moito mellores. Saúdos.

Anónimo dijo...

Por lo que parece no estamos muy lejos de que los cargos se hagan hereditarios, simplemente hay que presentar a los hijos de los políticos y ya no te quedan muchas opciones, salvo la de votar a algún partido que no lo haga, si es que lo hay... (¿Alguien se da por aludido?)

Anónimo dijo...

En democracia, calquera se pode presentar a unhas eleccións e calquera pode votar a calquera partido, esto é o bonito que ten a democracia. Coa monarquía gobernanos o fillo de...
Ademais a ti que mais che da quen se presente polo PSOE se lle vas a votar ó PP.