Nacín no 71, en Castro Caldelas. Alí me criei e medrei xogando entre os castiñeiros na Devesa. ¡Cantas veces alí xogamos os pistoleiros...!. Logo estudei en Trives, onde fixen moi bos amigos/as. Máis tarde fixen en Ourense Educación Social. Esta carreira marcou a miña vida, polo que aprendín e por coñecer nela a Belén, a miña parella. A mellor persoa que se cruzou na miña vida.Traballei dez anos como técnico de desenvolvemento rural para a Asoc País do Bibei-Ribeira Sacra. Dende pequeniño levo metido o PSOE no sangue, xa que meu pai é alcalde socialista e entre el e a miña nai infundíronme uns valores baseados na igualdade, na tolerancia, no respecto e en preocuparme polos temas sociais. Fun concelleiro e portavoz do PSdeG-PSOE en Castro Caldelas do 91 ó 99 e do 07 ata hoxe, tamén secretario comarcal do PSdeG-PSOE de Trives-Caldelas do 04 ó09. Traballo como asesor do Grupo Socialista na Deputación de Ourense. En novembro de 2009 constituiuse por primeira vez na historia do socialismo ourensano a Executiva do PSdeG-PSOE na provincia, os/as compañeiros de partido encomendáronme a tarefa da Secretaría de Acción Electoral. Son o maior de catro irmaos, e son un apaixoado da fotografía.
4 comentarios:
HUUUUUMMMMMMM................
DEIXAME OUTROS TRINTA SEGUNDOS........................
E QUE ESTOU DUDANDO
No entiendo como en el PP no se da cuenta del daño que le hacen estas cosas...
Despois critican a lei de memoria histórica, claro, as veces son coherentes, como vai decir que o alzamento foi ilexítimo...
Eu diría que a do puto pajarraco, os catro anormais e o ladrón.
¿Acertei?
Publicar un comentario