viernes, 29 de junio de 2007

Comparativa mapa provincial logo das eleccións locais de 2007

Mapa provincial 2003.
Mapa provincial de 2007.
No primeiro dos mapas podedes apreciar como estaba o reparto político da provincia despois das eleccións locais de 2003. Once alcaldías para o PSdeG-PSOE, tres para o BNG e cinco para partidos independentes. O resto, é dicir, setenta e tres concellos estaban gobernados polo PP.
Logo das eleccións municipais do 27 de maio de 2007 o mapa dá un cambio brusco, o PSdeG-PSOE multiplica por máis de dous os concellos gobernados e pasa a vintecatro, o BNG pasa de tres a sete. TG irrumpe no panorama político provincial e faise con unha alcaldía, e os grupos independentes gobernaran en catro concellos.
Tres dos gobernos independentes estarán apoiados polo PSdeG-PSOE, o igual que o mesmo número de alcaldes nacionalistas.
O PSdeG-PSOE pasará a ter a alcaldía ou gobernar a tantos veciños e veciñas da provincia como o PP, ó redor dun 46%, algo que se soñaba inalcanzable ata hai poucos anos. Os gobernos progresistas son maioría sobre os gobernos do PP na provincia de Ourense.
Comeza o fin da "Era Baltar".

6 comentarios:

Anónimo dijo...

AMIGO ELADITO, de todas as alcaldias reflexadas do psoe habria que saber en cales hai pacto e en cales hai maioria absoluta para facer un estudio mais real da situacion actual

Blas dijo...

Eladio, nos mapas que pos vese moi ben o "inicio do fin" da era Baltar.

E, eu teño que apuntar unha cousa, do éxito obtido na provincia de Ourense polos socialistas, a ti correspóndeche un anaco.

Un saúdo, e noraboa

Anónimo dijo...

Creo que hai un apunte que compre facer. O PSOE e capaz de pactar co BNG e con independentes. O BNG é capaz de pactar co PSOE e con independentes. Os independentes son capaces de pactar co PSOE e co BNG. E o PP non é capaz de pactar con ninguén. Creo que os dirixentes ourensáns e galegos terían que facer un exercicio de reflexión de por que ocorre esto. cando non es capaz de pactar con ninguén, nin ninguén é capaz de pactar contigo algo pasa. E o que pasa é que o PP hoxe en día é o partido do anti-todo, non está a favor de nada, e eso señores do PP págase. Pagase coa oposición e a marxinación.

Anónimo dijo...

HACE UNOS DIAS UN CANDIDATO EN LA LISTA DEL BNG POR C. CALDELAS EN LAS ULTIMAS ELECCIONES,COMENTO QUE LA SRA.(GERENTE DEL CENTRO COMARCAL DE DICHO MUNICIPIO) HABIA ROGADO Y SUPLICADO DE RODILLAS "LITERALMENTE" AL BNG QUE INCORPORARAN EN SUS FILAS A SU ESPOSO,HOY Nº 2 EN LA CANDIDATURA DEL PSOE. ¿ QUE ¿¿¿¿¿¿

Juan L osorio dijo...

Facer este tipo de comentarios dende o anonimato parece perverso, e decir as cousas a medias. creo si alguén que dicir algo, esto é un pais libre, que o diga, e si quere citar algo que dixo outro, non vexo porqué se teña que esconder, se é certo. Por certo a suposta relación de Alberto co BNG lévoa escoitando dende as primeiras eleccións nas que se presentou o Bloque, non mo crin daquelas, e non mo reo agora, pero máisque por cuestións ideolóxicas, por cuestións personais.

Anónimo dijo...

Xa están os do díxome, díxome...., os do ruxe, ruxe.... e os currecarrereiras..... A tod@s est@s nin caso, o único que queren é meter merda