Esta é unha das fotos anecdóticas desta campaña. A instantáneasacóunala Santi M. Amil, fotógrafo de La Voz de Galicia e tena colgada no seu fotoblog friki como el di.
Na imaxe estamos Miguel Fidalgo (coordenador da campaña do PSOE en Ourense) e moi coñecido por ser unha das persoas que é capaz de blasfemar máis veces por minuto, Carlos Rodríguez (xefe de gabinete da Consellería de Medio Ambiente) e máis eu.
A verdade é que a foto é curiosa, emáis co títilo que Santi lle puxo no se u fotoblog: Tres floripondios ó sol.
Está sacada nos xadinciños de Padre Feijóo, fronte ó café da Coruñesa mentres estabamos esperando a que o ministro Jordi Sevilla rematara de falar cun grupo de xente para logo levalo a Barbadás, onde tiñamos un mitin programado. As margaridas do fondo eran dunha campaña dos comerciantes do centro de Ourense.
1 comentario:
QUE GHAPOS
Publicar un comentario