Esta fin de semana podiamos ler nunha reportaxe do diario El Pais "unhas curiosidades" sobre o xenro de Aznar, Alejandro Agag.
Segundo o artigo: "Encantador, listo e un pouco frívolo. Educado polo Opus. Mestre do halago. Adicto a súa boa estrela. Pagado de sí mesmo. Subestimar a Alejandro Agag é un erro. Non é tonto. Detrás do seu sorriso escóndese un frío calculador envolto en boas maneiras. Ambicioso. Entusiasta dun modelo de sociedade á italiana na que se misturan política, negocios e medios de comunicación. Agag non quere ser Aznar; Agag quere ser Murdoch ou Berlusconi: ter cartos, poseer televisións e manexar a primeiros ministros. Para Agag é moitomáis influir que mandar."
"Agag nunca volverá á política, prefire gañar cartos. E facer que os gañe o seu sogro como conselleiro de News Corporation, o holding de Robert Murdoch, e como columnista dun dos seus xornais, The Wall Street Journal. No PP corren os chascarriños sobre a parella. "¿Quen é agora o axudante?". Pregúntase un histórico. Outro afirma: "En vez de chamar a Agag xenrísimo, teremos que comezar a chamar a Aznar sogrísimo".
Pois sí señor menudo personaxe "o yernísimo", non deixedes de ler a reportaxe porque ides descobrir moitas lindezas do cabeza do clan de Becerril
2 comentarios:
Menudo páxaro, e eso que ten cara de tonto
Agora é o conseguidor dunha proba de F1 para Valencia, pero só porque gañou o PP, se non gañara non había proba
Publicar un comentario