Mostrando entradas con la etiqueta terro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta terro. Mostrar todas las entradas

miércoles, 17 de diciembre de 2008

Rosa Díez, a tonta útil do PP

Non é do meu agrado poñerme a despotricar dunha persoa que ata fai ben pouco foi compañeira de Partido, pero o desta señora, aparte de tonta é ser mala persoa.

Cando parecía que o PP se viñera a razón e ía deixar de empregar o terrorismo como arma electoral, a partir de agora xa teñen a súa "tonta útil". Xa non teñen que mancharse eles as mans. O PP apunta e a imitadora de Cher dispara.

O espectáculo que volverona dar onte no Congreso UPyD e PP é lamentable, volven as andadas. Cando ETA estaba máis debilitada ca nunca, estes dous partidos de "centro" (como eles se denominan, ¿onde estará entón a dereita?) adícanse a tirarlle os trastos á cabeza ó goberno.