miércoles, 7 de octubre de 2009

Silleda vs. Benidorm, ou o dobre raseiro do PP



Onte o PP de Silleda, tutelado polo señor Louzán, o señor Feijóo e o señor Rajoy deron luz verde á moción de censura neste Concello pontevedrés. É certo que non colle a ninguén de sorpresa, todos/as sabiamos que se ía a consumar, o que non sabiamos era a data.


Esta moción de censura xa estivo a punto de presentarse hai unhas semanas, pero a Rajoy non lle ía ben, porque estaban a cargar contra o PSOE (xa que os seus ex-edís presentaran unha moción de censura en Benidorm) e porque o Presidente do PP, son Mariano, ía a visitar Silleda nunha xuntanza dos conservadores galegos.


Agora, parece que Rajoy non se asusta, nin Cospedal se escandaliza, nin Soraya Sáenz de bota as mans á cabeza. Agora vese o dobre raseiro que empregan.


Mentres hai uns días fixeron unha cruzada contra o PSOE polo caso de Benidorm, resulta que o PP está a presentar mocións de censura en ducias de Concellos e todas amparadas pola dirección dos populares.


En Galicia xa as consumaron en Santa Comba, Abegondo, A Pobra de Trives, Mos, Gondomar e agora Silleda. Tamén a tiñan presentada en Calvos de Randín, pero esta non foi adiante.


Hoxe só quero solidarizarme cos/as socialistas de Silleda, e sobre todo coa súa alcaldes Paula Fernández. Unha moza que lle deu un aire de frescura a este Concello e que cambiou o modo de facer as cousas, algo que según se ve a algúns víñalle mal.


O máis curioso do caso é que Rafael Louzán, presinde do PP de Pontevedra e instigador das mocións da súa provincia xa dixo que ó mellor volvía a presentar polo PP en Silleda ós autores desta censura. E logo piden que se cumpla o pacto. Así nen pode haber ningún pacto a nivel nacional nin imos rematr con estes actos tan barriobaixeiros da política.


Eu tamén pasei por unha moción de censura, como case todos/as os que non somos do PP en Galicia, xa que o que o Partido Popular en Galicia non é quen de gañar nas urnas o gaña con negociacións sucias botándolle unha man  a quen se presta a corromper o noso sistema democrátivo.


Hoxe, máis que nunca, todos/as con Paula.




16 comentarios:

Dilaida dijo...

Tes toda razón eles só saben gañar con trampas, son uns tramposos.
Bicos

Eulogio Diéguez Pérez (Logio) dijo...

Pois eu coido que é o pacto contra o transfuguismo o que é un atentado contra a democracia.

No me gusta eso de eu no te amolo si ti non me amolas e hoxe por ti e mañá por min e os concellos que lles den por ahí.

E como si dúas empresas que competidoras se puxeran de acordo nos prezos, non me gusta.

Eu desexo unha democracia de abaixo arriba na que os cidadans escollan os seus representantes e non a unhas siglas que dende arriba ordenan e mandan, non.

Coido que so os que tedes intereses políticos os botades as mans a cabeza con este tema dos transfugas, a xente importalle tres carallos.

Eladio Osorio Montenegro dijo...

Eulogio non podo estar máis en desacordo contigo.

E logo a ti dache igual que no teu Concello se vote a un partido (ou a unhas persoas como ti dis), e logo algunha desas persoas por intereses ocultos (case sempre con cartos de por medio) vendan a confianza que os electores depositaron neles e se vaian ós brazos do adversario.

Por poñer un exemplo. No meu pobo gañamos dende hai moitos anos os socialistas con holgura. Nunhas eleccións que baixamos algúns votos pasamos de estar 7-4 a 6-5, e ó cabo duns meses un dos que era "compañeiro" presenta unha moción de censura co PP dicindo que hai desgoberno.

Ó cabo duns meses o seu fillo aparece traballando na Deputación e o seu negocio que non ía moi ben de súpeto vai de maravilla.

A ti paréceche que esto lle dá igual ós electores.

Os do meu pobo, polo que se ve, non, xa que logo volvemos a gañar os socialistas.

Unha aperta

Blogs de Mayores dijo...

A todos nuestros seguidores y amigos: Os rogamos que leáis el último post publicado en el blog.
Ante la negativa del concello (ayuntamiento) de Muxía de instaurar un premio para mayores blogueros, vuestras opiniones son de vital importancia para establecer las bases sobre las que poder continuar con el proyecto.
Gracias por vuestra colaboración.

Blogs de Mayores dijo...

A todos nuestros seguidores y amigos: Os rogamos que leáis el último post publicado en el blog.
Ante la negativa del concello (ayuntamiento) de Muxía de instaurar un premio para mayores blogueros, vuestras opiniones son de vital importancia para establecer las bases sobre las que poder continuar con el proyecto.
Gracias por vuestra colaboración.

Anónimo dijo...

Que triste que ainda sigades a matinar con que é o PPdeG o que se atopa tras as mocións de censura que se están a levar a cabo en Galicia. Unha persoa ou grupo que non recoñece os seus erros non é quen de correxilos.
Os únicos culpables de que una e outra vez se produza esa situación non é máis que o Partido Socialista, amante de pactos de Goberno débiles e pouco capaz de manter a unión dos membros dos Gobernos locais, e se non o tes claro mira o que pasa na cidade de Ourense, que goberno tan unido temos: Unha Alcaldía e unha tenencia, un boneco de Alcalde ou marioneta e un supertenente, beirarrúas que metade son do Alcalde e mitade do tenente, un ladrillo dun e outro doutro, ¿ás árbores? entre eles non se poñen de acordo quen ten que pagalas e estamos sen elas, ou sexa un desgoberno sin xeito.

Anónimo dijo...

Eladio, recordando a moción que lle presentaron a teu pai cando era alcalde do Castro, quería que me dixeras se o "compañeiro" tránsfuga ía nas listas como independente, e se xa estaban avisados de antemán do que podía pasar con ese "compañeiro" o incluilo nas listas. As veces cando arriscas pasa eso. Mañá no Caurel tamén se debate a moción que lle presentaron o seu alcalde, tamén do PSOE, por un señor que en canto mudou o goberno da Xunta tamén mudou él (creo que recordar que tamén ía como independente). O de Láncara, xa non tén nome. Preséntanse por TEGA como independentes e non pediran a baixa do PP (só deixaran de pagar as coutas).

Anónimo dijo...

Como podes condenar o de silleda e non o de benidorm? Eso chamase demagoxia. Non pode un criticar o de enfrente e non facelo na casa. Eu vexo mal o do PP pero tamen o do PSOE. Ademais non se tomou a mesma decision dos dous partidos de expulsar os edis. Enton eu non vexo a diferencia entre ambos, pero si vexo que ti non es realista. E tampouco vexo ben que fales de enchufismos. Non creo que ti sexas o mais indicado xa que todos sebemos como funciona a selección de persoal no concello onde ti eres concelleiro. E todos poderiamos falar moito. Asi que ahí cousas que e mellor non meterse nelas, non sea que se volva contra nos.

Anónimo dijo...

Doble rasero del PP, y también del PSOE. En esto no me parece que haya diferencia alguna.

Anónimo dijo...

O PSOE de El Egido xuntouse con un Ex do PP que formou o Partido de Almería. O tal suxeito foi expulsado do PP por quinqui pero claro, vese que a vos igual vos vale un roto que un descosido, e formáchedes goberno en El Egido e así preservávades o poder na Diputación de Almería. Cando a corrupción xa campaba desbocada e interviu a autoridade ides e rompedes cínicamente o pacto.
Mirade unha cousa Sres. Socialistas, sodes uns hipócritas e dá igual que sexades galegos, andaluces ou vascos. Solamente vedes a palla no ollo alleo e de autocrítica nada.

Anónimo dijo...

La Policía detiene al alcalde socialista de Castro de Rei y tres ediles por supuesta prevaricación

http://www.farodevigo.es/galicia/2009/10/27/policia-detiene-alcalde-socialista-castro-rei-tres-ediles-supuesta-prevaricacion/380911.html

Anónimo dijo...

Hola:

Te mandé un comentarioa perfectamente publicable (pues era completamente respetuoso), aunque no estuvieras de acuerdo, y no lo has publicado.

Es la última vez que entro. Cordiales saludos.

Anónimo dijo...

Entrade no blog do Ponte Louco para saber como votar ao Castelo do Castro

Anónimo dijo...

Hai moitisima crispacion, coma sempre nos comentarios políticos. A política sempre estuvo ahí, entre a xente, non é ningunha invención nova. As ideoloxías non son cousa de agora, sempre houbo quen pensaba mais hacia a dereita e quen ía mais a esquerda. O importante é o respeto mutuo. O que fai falta e "ser ben nacido" e cada quen e libre de pensar como queira, anque xa se ve que na práctica o que non pensa como eu diga e o meu enemigo a morte, así que a democracia ¿qué é?, ¿onde está? Temos o que outros fixeron antes de estar nos aquí, nos non somos mais que un eslabon mais da cadea. Menos crispación, mais respeto por todas a partes. Hai que relaxarse un pouco.

Anónimo dijo...

O castelo do Castro e mais o castelo son incompatibles. penso que non é o lugar adecuado para ese evento. Hai que ter un respeto, é un monumento e hoxe estalle a dar moita vida o noso pobo, hai que coidalo.

Anónimo dijo...

Perdón, corrixo o erro: O castelo do Castro e mais o Pontelouco son incompatibles. penso que non é o lugar adecuado para ese evento. Hai que ter un respeto, é un monumento e hoxe estalle a dar moita vida o noso pobo, hai que coidalo.