lunes, 21 de septiembre de 2009

Emir Kusturica & The No Smoking Orchestra


Esta fin de semana un grupiño de caldelaos achegámonos hasta Allariz, para desfrutar do Festival Reperkusion. Este ano había dous cabezas de cartel de primeira división: Emir Kusturica coa The No Smoking Orchestra o venres e a Fanfare Ciocarlia o sábado. Aínda que os dous grupos son dignos de ver e escoitar nos decidimos asistir ó primeiro dos concertos.

Os bálcanicos estiveron acompañados por Bodega Bodega e Festicultores Troup, dous coñecidos do Festival Ponte Louco.

Algunha vez xa vos tiña falado de Emir Kusturica e do seu cine. Son seguidos de todas as súas películas dende hai moito tempo, pero nunca vos falara da súa faceta musical. O primeiro disco que escoitei de Kusturica e The No Smoking Orchestra caiu nas miñas mans alá polo ano 99 e deixaronme engaiolado con eses ritmos trepidantes con moito sabor balcánico (bubarama), punk, funk, ritmos xitanos, jazz, rock e sazonado con todo aquelo que vos poidades imaxinar.



Aquí vos deixo unha mostra para que poidades disfrutar tanto como eu o fixen. Foi unha pena que non poidese asistir o concerto da Fanfare Ciocarlia, pero todo se andará. Aquí vos deixo un vídeo para que vexades que tipo de música fan.



É imposible non moverse ó escoitalos ;)

As fotos do concerto podédelas ver aquí 1 2 3.

1 comentario:

J. Rogelio Rodríguez dijo...

Son sencillamente geniales (lo que conozco de ellos).

Hace poco volví a ver "Underground", del director; aunque la BSO era de otro amigo de Kusturica.

Abrazos