lunes, 27 de julio de 2009

In Spain, These Hills Are Alive


Hoxe rematou a II Feira do Viño de Castro Caldelas, da cal desfrutei moito, e sobre todo descubrín e aprendín moitas cousas novas sobre os viños da miña terra gracias as catas guiadas que había organizadas.

Nas catas falamos de moitas cousas, pero unha delas é que lle solemos dar máis valor ás cousas de fóras que ás da casa, aínda que moitas veces non debera ser así.

Pois para aqueles que lle dan máis valor ó de fóra co da casa, dicir que fóra comézase a falar moito e ben dos viños da nosa casa, para mostra dádelle un vistazo o extenso reportaxe que lle adica o xornal norteamericano The New York Times ós caldos da Ribeira Sacra.

Tamén teño que dicir que aprendín moito da amena cata e charla que nos deu Luis Paadín no Castelo de Castro Caldelas. Esta pequena introducción ó mundo dos nosos viños animoume moito a seguir aprendendo sobre este tema.

E a partir de hoxe esperando que a III edición da feira saia tan ben como esta. Xa só quedan 364 días.


3 comentarios:

J. Rogelio Rodríguez dijo...

Of course, these Hills are...

quen teña viño, quen teña viño, que me dea un pouquiño.

A min tamén gustoume moito a cata e disfrutei igualmente con Paadín (un showman en toda regla).

Noraboa a organización do evento...

Unha aperta.

Rubín de Cendoya dijo...

Eladio, qué bonita foto has encontrado.

En cuanto o viño, espero que quede algo pra dentro de quince días que estarei por Quixa.

Eu son algo mais partidario dos godellos de Valdeorras, se ben sempre tuberon fama os viños da Abeleda.

Pensome que con tantas feira de viños, O Barco, Arua, Montefurado,os da ribeira sacra de Lugo, etz. estase espallando a promoción de unhos viños que en esencia son muy similares. Xa sólo falta que os de Manzaneda empecen tamén a diferenciarse.

Saudos

Logio dijo...

¿Tes resaca?