viernes, 19 de junio de 2009

Pai, fillo e espírito santo

Hai unha frase que se lle atribúe a Núñez Feijóo de cando el regresou a Galicia: "A Baltar me lo pulo en diez minutos". É certo que lle está levando máis de dez minutos, pero todo vai camiño de que a defunción política do barón do PP vaina oficiar Núñez Feijóo.

Estes días volven as ameazas cruzadas. Agora xa non vale que o fillo, co consentimento do pai lle diga o espírito santo que Ourense está sendo maltratada (como xa fixeran hai anos), quenes se sinten maltratados son os baltaristas, ese e só eses é o xerme de toda esta crise. Baltar e os seus queren seguir tendo a cota de poder que tiñan ata o de agora, e eso segundo eles pasa porque o fillo sexa o novo secretario provincial. Pero segundo o pai era respectado por unha ampla maioría dentro das filas do PP, os alcaldes agora identifícanse máis co espírito santo (que é quen reparte a pasta dende a Xunta) que co fillo (que non reparte nada, como se encargou Núñez Feijóo cando o nomeou secretario da mesa do Parlamento).

Os acólitos de Baltar aínda non deron dixerido o nomeamento de Rogelio Martínez como delegado da Xunta de Galicia en Ourense, e día si e día tamén encárganse de pasar dosieres á prensa por capítulos sobre as falcatruadas que este cometeu cando era alcalde de Arnoia.

Aquí vos deixo unha serie de artigos da prensa de hoxe para que vexades como está evolucionando o tema.












7 comentarios:

Anónimo dijo...

E o xornal baltariano por excelencia coma sempre non di absolutamente nada do que acontece, enmudeceron, menuda vergoña.

La Región ten a obriga de informar. Non digo que se posicione, peor polo menos que informe. Poden estar ben orgullosso do que contribúen á información nesta provincia.

É o que ten vivir de subvencións

Anónimo dijo...

Dacordo co comentario anterior. ¿E o xonal local?, ¿está? ,¿esperase?.
PD: as fotografias teñen unha autoria, hay que acostumarse a facer unha reseña cando se collen e se publican

Anónimo dijo...

"... e traballo como asesor do Grupo Socialista na Deputación de Ourense."

Non, si ao final os ríos confluen.

Logio dijo...

De pais a fillos, como debe de ser. ja,ja.

¡Pobre Ourense!

Anónimo dijo...

Por que no dejas de preocuparte tnto de Baltar y omienzas a procuparte n poquito del Castro. Si no entendi mal tu blog es para habral sobr cosas del Castro, y veo mas noticias de Baltar que sobre Castro Caldelas. Ademas ¿tu no eres concelleiro?. Pue hijo no lo parece porque ¿Que haces y donde estas porque yo por el Castro no te veo nada, y luego criticabais a los del PP y vosotros sois igualitos......

"Premio Maria Amelia Lòpez Soliño" dijo...

El Ayuntamiento de Muxía, localidad natal de Maria Amelia, acordó por unanimidad en Pleno celebrado ayer, la creación de un premio con su nombre. Supone un gran paso adelante para incentivar a los mayores a seguir su ejemplo.
A todos los que nos apoyáis de una u otra forma os enviamos nuestro más profundo agradecimiento.

Anónimo dijo...

O que gastou o señor Touriño en rodas en un ano, non o gana ningun burro cualquera de por eiqui !
Eso é SOCIALISMO ?