miércoles, 22 de abril de 2009

Consello da Xunta ilegal

Non tardou Feijóo nin dous días en meter a pata. O domingo desvelou os nomes dos conselleiros e conselleiras que o acompañarán nesta andaina no goberno. Con estes nombramentos rompeu a equidade entre homes e mulleres que se establecera no anterior goberno. Aínda así nomeu a catro mulleres e seis homes, co cal cumpre a Lei de Igualdade.

O problema ven á hora de compoñer o Consello da Xunta, no que se sentan tanto os/as Conselleiros/as como o Presidente, co cal a relación é de catro mulleres contra sete homes.

Agora, o Partido Popular, ese partido que votara en contra da Lei de Igualdade pero que nas eleccións municipais se apresurou a denunciar as candidaturas doutros partidos que cometeran erros na súa elaboración, teñen que enmendar tal ilegalidade.

Non ten moito marxe de manobra, pero a ver que se inventan desta vez para sair de rosiñas como soen facer eles sempre.

4 comentarios:

Eulogio Diéguez Pérez (Logio) dijo...

Parece a barreira dun equipo de futbol, todos tapando a parte máis sensible.

Un de Río dijo...

O que hai que poñer no goberno é a xente mais competente, aínda que sexan todo homes ou todo mulleres. Logo pasa o que pasa, poñemos a xente menos preparada por culpa desta lei e así nos vai.

unha do castro dijo...

o que hai que facer é deixarse de caralladas e de protestar porque si, que a verdadeira igualdade haberáa cando poñan a xente competente do sexo que sexa, e non a catro ou cinco señoras por completar un cupo. eso si que me parece machista e discriminador. mira por exemplo no goberno central se non sería mellor que tiveran un portavoz masculino con xeito e non á soraya...
o que importa dun goberno é poder comer, que xestionen ben as cousas, que non nos rouben e que tiren prá terra en vez de pa madrid. o demais son parvadas. e dícecho unha que ademais de muller é tanto ou máis de esquerdas ca ti.

Un de Río dijo...

http://www.lavanguardia.es/politica/noticias/20090423/53688603090/grinan-anuncia-su-gobierno-con-nueve-mujeres-y-seis-hombres.html

Haberá artigo de Eladio Osorio respecto a o Consello ilegal da Junta de Andalucía?

Recordar que alí presentouse o novo goberno que terá 9 mulleres e 6 homes. Aquí non hai paridad ao contrario que na Galiza polo número de mulleres e moi superior o de homes.

En fin, Osorio fai unhos comentarios demagóxicos que non valen para nada, busca na demagoxia recuperar o crédito perdido nas eleccións e o que lle está pasando é o contrario, que cada día damonos mais conta do incompetente que é.