jueves, 5 de febrero de 2009

Sin palabras (por si nos escoita alguén)

Sin palabras.

8 comentarios:

rePreSsOrEs dijo...

Oes, explicame tu como o ministro Miguel Sebastián, pertencente ao goberno de Zapatero, di que se lle está acabando a paciencia cos bancos. E logo Pepe Blanco, que recordemos que non forma parte do goberno do Estado Español, sae desmentindo en nome do goberno a Sebastián.
Se a xente tivera 2 dedos de frente non habería nen un voto pra o PSOE nen PP en Galiza.

Millan Fernandez dijo...

Eladio terá bastante máis que facer ca min, así que adianome e respondoche eu:

Ainda que te respondes a ti mesmo...Blanco non falou no nome do Goberno, senón do PSOE (son cousas sustancialmente diferentes, o mellor dende formacións que confunden case todo dende a visión do centralismo democrático, e misturan a patria co partido, ou o goberno coa nación, non se entende ben de todo...)

E normal que haxa discrepancias no seo dun Goberno nun tema tan sensible, pero é que ademáis é positivo. Cando haxa que tomar algunha decisión tomaráa quen lle corresponda e será de todo o Goberno.

Por outra banda, eso de misturar o nome do PSOE con represores é algo de cara á galería que non calla na xente que ten dous dedos de frente. represores de que e de quen??O mellor hai represores das mentes máis preto de ti do que pensas....

Isto non é Euskadi, non cola....

PD: son tan galego coma tí, ou máis, non me veñas con esas, que xa está gastado....

rePreSsOrEs dijo...

Hai varias opción pra responder e tu fixeches demagoxia. Pode ser:
1.- Que ao goberno se lle acabe a paciencia e ao PSOE non.
2.- Sebastián vai de poli malo, Solbes de poli bon, pero así Blanco arruinaría esta estratexia.
3.- Sebastián vai por libre e Blanco pon orden. Blanco que non é do goberno desminte a un membro do goberno sobre o que pensa o goberno.

Podes ver o que opina unha gran persoa sobre este tema:

http://www.youtube.com/watch?v=DU4D0SftZWY

Aparte querría a opinión dun membro do PSOE sobre "Villa PSOE", xa que me parece escandaloso, tes mais datos neste video:

http://www.youtube.com/watch?v=HB5a-fISCI8

Dis que o PSOE non reprime? Agora hai mais represión política que durante o mandato do PP. Loxicamente se durante o mandato do PP se lle poñen multas esaxeradas a xente por motivos políticos o PSOE protesta, pero como o que goberna e o PSOE e o PP so vai protestar se a multa e pequena pois nos pasamos 4 pueblos. O colectivo "Galiza Non Se Vende" ten acumulados mais de 8000 € en multas por organizar un peche pacífico nos edificios da Xunta. 30 persoas foron multadas ao azar con 750 € por unha concentración pola defensa do galego, etc.

rePreSsOrEs dijo...

Se me olvidaba, le o informe integro que publica a ONU hoxe:

A ONU critica a Lei de Partidos porque vulnera dereitos fundamentais

Podes velo en:
http://www.vieiros.com/nova/71849/a-onu-critica-a-lei-de-partidos-porque-vulnera-dereitos-fundamentais

ao final do artigo. Se inda pensas que o PSOE non é represor tes un problema

Ariadna dijo...

A min faime moita gracia cando algunhas persoas dicen eso de "se a xente tivera dous dedos de frente", ou cousas parecidas.
Cando nos imos dar conta que a xente si que ten dous dedos de frente, e máis tamén....
A xente votamos a quen queremos libremente, o que pasa que algúns confunden a súa opinión coas distintas opinións que temos os demais.
Cando, persoas como este que escribe de primeiro, se darán conta que non poden impoñer a súa opinión, que somos libres e que somos maiorciños e opinamos distinto ca el.
Temos dous dedos de frente, e xustamente por eso, por ter dous dedos de frente non apoiamos posturas como as del

Anónimo dijo...

PENSANDO BEN OS QUE MAÍS DEDOS DE FRENTE TEÑEN SON OS QUE MAIS LLES COSTA FACERSE A ROSCA PRA BOINA ¿NON?

Millan Fernandez dijo...

O de "Villa PSOE" que respondan os "afectados", (se é que eso é certo). Estar nunha organización non quere dicir apoiar ás persoas no seu ámbito particular e privado. Se eso se demostrase algun día, cada un que terme da súa vela. Pero eu non son xuíz nin nada polo estilo e creo que falar por falar non vén a nada.

Dicir que hai máis "represión política" que no mandato do PP sencillamente, é de chiste. Non penso perder un minuto nelo. Ademáis o goberno é BIPARTITO. Algunha suposta responsabilidade terían tamén outros, non??en calquer caso...

En canto ó da Lei de Partidos...eu personalmente estou en contra dela. E problema non teño ningún...ás veces gases, pero solucionase fácil.

Da o mesmo, aquí cada un vai seguir pensando o mesmo, así que case perdemolo tempo...o bon é que a Democracia pon a cadaquén no seu lugar. Ou tampouco hai Democracia?? (sei que é perfectible, coma todas)

Millan Fernandez dijo...

...outra cousa: Non coñezo o caso pormenorizadamente pero ó mellor confundimos "represion política" con facer algarada e que as forzas do orden respondan como teñen que responder, (poñendo orden...).

Porque claro, se facemos desordes, provocamos, etc..ás veces pasa o que ten que pasar. De aí elevamos a anecdota á categoría de que existe "represión política". O que ocorre é que a alguns vailles a marcha e estan no vello "acción"-"represion"-"accion" (propio doutras latitudes).

O galego ademáis defendese falándoo e ensinándollo ós fillos, non facendo fantasmadas por aí adiante.Moitos deles ademáis, depois falan castellanito, pero "mola" ser "radical"...
Dicecho alguén que prácticamente só fala galego, a non ser que o interlocutor non me entenda....

PD: afórrate o de fascista, represor....senon entrariamos nunha dinamica negativa.