jueves, 29 de enero de 2009

Presentación da candidatura do PSdeG-PSOE de Ourense


Hoxe tocounos/as os membros (e membras) da candidatura do PSdeG-PSOE de Ourense presentarnos todos xuntiños ante os/as xornalistas para que nos fixeran a típica foto de familia. E ahí nos vedes na imaxe atendendo ós medios de comunicación.

Hai uns días xa vos adiantaba quenes iamos formar parte da candidatura socialista pola provincia de Ourense, hoxe voulle poñer cara a todos eses nombres que compoñemos ese equipo.



Na fila de arriba, e de esquerda a dereita: Miguel Solla, Teté Taboada, Mari Carmen Álvarez Sierra, Amancio Díaz, Alva Dorado, Mariló Cubillo, Sandra Álvarez, Juan Quintas e Pepa García, ademias falta por ahí Alfonso Vilachá, que non sei porque non saiu na segunda foto, pero na primeira podédelo ver o segundo pola dereita na fila de arriba.

Na fila de abaixo, e de esquerda a dereita: Eladio Osorio Montenegro (eu), Esperanza Fernández Soto, María Quintas, Pablo López, Pachi Vázquez, Laura Seara, Macu Acuña, Juan Carlos Francisco e Diego Álvarez.

Agora tócavos falar a vós o día 1 de marzo.


1 comentario:

Anónimo dijo...

Vaya candidatura!!. ¿Estes van solucionar os problemas da nosa provincia?. Deixa que o dude. Pachi: un médico reconvertido a jran político medioambiental. Laura Seara: ¿ en qué dis que traballou antes de facer política?. Pablo López: no coment. María Quintas: Unha gran economísta, ¿ por qué a largaron de concelleira?. Non sigo que me aburro. Así nos vai ir nos próximos catro anos, como os anteriores, nada de nada, a provincia vaise a pique. Gracias pero marchade todos dunha vez.