lunes, 1 de diciembre de 2008

Primeiras neves por Caldelas e Comité Nacional Galego

Esta foi unha fin de semana de neves en case toda Galicia. Tamén chegaron ata Castro Caldelas, e en boa cantidade.

O venres pola tarde-noite tiven que ir a Santiago de Compostela e no alto de Santo Domingo xa se anunciaba unha fin de semana blanca. Asistín ó primeiro Comité Nacional do PSdeG-PSOE dende que se renovou tras o 11 Congreso Nacional e alá deuse o pistoletazo de saída para elexir ó noso candidato á Presidencia da Xunta de Galicia. Tamén se elexiron ás sete persoas que formarán o Comité Nacional de Listas, e tiven o enorme pracer de ser un dos elexidospor aclamación  polos/as compañeiros/as membros do Comité Nacional Galego, todo un orgullo.

Pero coma vos dicía, o sábado tivemos algunhas dificultades para subir ata Castro Caldelas por mor da neve. Tivemos que facer dous intentos, pero ó final chegamos para comer. O máis difícil foi pasar á media tarde cara a Torbeo xa que polas estradas secundarias non pasara o quitaneves e estaba todo o camiño con medio palmo de neve.

De todos os xeitos foi unha fin de semana completiña e pra disfrutar das primeiras nevadas

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Pra escribires da neve,paisaxe...sempre te quedas sen palabras(unha cousa é querer e outra ter capacidade)pero na liturxia xa estás ben aclimatado e os teus fieis elíxente con ou sen votación.

Anónimo dijo...

Da pena ver tantos pueblos aislados por falta de medios, desde tantos anos ata que desaparezcan do mapa baixo a neve ou o olvido

Galeguiña dijo...

No te vi!!! así que te remito el saludo y el abrazo vía coment...