miércoles, 5 de noviembre de 2008

Mans arriba, esto é un atraco

Celso Delgado, Deputado no Congreso polo PP de Ourense

Ourensanas e ourensáns... mans arriba esto é un atraco. O PP quérenos roubar a carteira, e desta vez vai chea de cartos.
Resulta que hai uns días preséntanse os Presupostos Xerais do Estado. Criticados ano tras ano polo PP porque según eles sempre deixaban Galicia de lado (hai que ver as comparacións mentres gobernaba o PP e agora co PSOE) resulta que desta vez veñen cheos de cartos para a provincia de Ourense para acometer as obras do AVE no seu tramo Lubián-Ourense.

Alberto Núñez Feijóo Presidente do PP de Galicia

Celso Delgado en nome do PP (autor material) auspiciado por Núñez Feijóo (autor intelectual) e co beneplácito de José Luis Baltar (cómplice e encubridor) presentan unha enmenda ós Presupostos para que se lle saquen 134 millóns de euros ás obras do AVE no tramo Lubián-Ourense e queren que as leven para outras provincias.



José Luis Baltar, Presidente do PP de Ourense e da Deputación Provincial


Fai falta ter cara dura... estes que sempre están a dicir que o AVE non chegará a Ourense no 2012 agora son os que desexan ver como esta infraestructura se retrasa máis e máis para Ourense.

Rolda de Prensa do PSdeG-PSOE de Ourense. de esquerda á dereita: Laura Seara deputada autonómica, Paco Rodríguez alcalde de Ourense, Pachi Vázquez secretario provincial do PSdeG-PSOE en Ourense e Conselleiro de Medio Ambiente, Miguel Fidalgo senador e secretario de organización do PSdeG-PSOE de Ourense, Alfredo Gacía alcalde do Barco de Valdeorras e portavoz socialista na Deputación de Ourense

Hoxe o PSdeG-PSOE de Ourense denunciou este feito e anunciou que presentará mocións nos Concellos e Deputación pedíndolle o PP provincial que se posicione ó respecto. Tamén se enviarán cartas ás asociacións, sindicatos e empresarios para que denuncien estes feitos. E, á vez, enviaránse folletos explicativos a cidadanía ourensana xa que certos medios de comunicación non se queren facer eco desta nova tan mala para Ourense.

A ver con que nos sae Baltar desta vez na Deputación cando se debata a moción sobre este tema

No hay comentarios: