martes, 14 de octubre de 2008

" A princesa de Nebraska", unha pequena xoia.

Está visto que este ano o Ouff (Festival de Cine de Ourense) aposta por menos estrelas e máis cine de calidade.Veño de ver a miña segunda película da sección "Perlas inéditas" e, de verdade, había tempo que non disfrutaba tanto en Ourense por poder ver este tipo de películas na pantalla grande.

Hoxe tocoulle A princesa de Nebraska (Princess of Nebraska) de Wayne Wang, un director descoñecido para min, pero do que tomo boa nota (sobre todo logo de ter leído hoxe sobre el).

Non vos vou a destripar a película, xa que aínda a podedes ver ata o sábado no Festival, ou logo pola vosa conta. Pero algo teño que vos contar.

A película está baseada nun conto corto de Yiyun Li. Unha rapaza chinesa chega a San Francisco decidida a abortar, pero as experiencias personais que vai a vivir nas 24 horas que narra a película fanlle replantear a súa decisión e barallar múltiples posibilidades. Imos ver unha xeración que se relaciona co mundo exterior a través das mensaxes e grabacións de móbil. Non coñecemos case nada da rapaza, nin por que quedou preñada. Do inicio da historia non sabemos nada, só hai unha crítica superficial á política de fillo único chinesa e á censura dese país. Incluso ó final non se nos descubre cal é a súa decisión. Pero o tema do aborto non é o único tema espinoso que Wang trata na Princesa de Nebraska, a homosexualidade, a bisexualidade e aa prostitución, son outros dos condimentos desta película que crea polémica. Posiblemente o final sexa o momento máis emotivo da película: Todos eses metros de tela que ten a pantalla do cine cunha cor azul difuminada, a cara de Sasha ocupando só unha esquina (logo o seu corpo pequeno ocupando un reducido espazo no centro), un tema musical que fai vibrar, e ela soa. Soa, logo de tomar unha importante decisión, pero sempre soa.

Se podedes ide a vela. Creo que non vos deixará indiferentes.

Por certo, aínda non fun ver ningunha das películas que concursan coma longametraxes, pero case todas as persoas opinan que Ópium - egy elmebeteg no naplója (Opio - diario dunha tola) de János Szász (Hungría-Alemaña-R.U.) é do mellorciño que se ten visto por aquí. Creo que dentro do Festival xa non vamos ter máis oportunidades de vela, pero a ver se me logro facer con ela.

5 comentarios:

MAIS CARGADA DE BOMBO dijo...

Mañá imos nos. Xa contaremos. Pero o do Inédito en Ourense parece que é apostar sobre seguro

J. Rogelio Rodríguez dijo...

Eladio.

Seguro que conoces las fenomenales "Smoke" o "Blue in the face" (guión de P. Auster, protagonizadas por Harvey Keitel). ¿Y "La caja china"? Ésta, con Jeremy Irons y la maravillosa Gong Li (musa del primer Z. Yimou, luego se enfadaron).

Es un director portentoso. No he visto "Mil años de oración" (que la destacan varios críticos de referencia) y es una de mis asignaturas (en cine) pendientes...

Eladio Osorio Montenegro dijo...

Mil años de oración verei para a semana que ven, xa a teño na casa.
Respecto ás críticas dos sabelotodo e cagasentencias cada vez obvioas máis. O cine, como case todo nesta vida, crea sensacións totalmente distintas dunahs persoas a outras. Polo tanto non vou ser eu quen vaia ou deixe de ir ó cine polo que diga o crítico de turno. Cando quero ter referencias dunha película procuro ler as opinións de xente coma ti ou coma min que dan o seu parecer en diversos foros. Esas persoas si que me son máis de "fiar".
Por certo, teño que dicir que últimamente só coincidín coa crítica "oficial" nunha película: Los girasoles ciegos.
Si les as críticas desta película ou a de Prométeme de Kusturika en Cinemanía, El País ou El Mundo nunca irías a velas, e xa ves... no Mundo hai seres humanáns ós que nos gustaron... e moito.
Unha aperta

MAIS CARGADA DE BOMBO dijo...

Aquí estou, con sensacións contrapostas. Creo a peli ten dúas partes a primeira, confusa, dispersa, lenta, ... nesa na que fala de moitas cousas, pero sen saber moi ben a que se refire (coma se quixera crear un contexto o xeito impresionista), e unha segunda na que se centra na historia da protagonista e na que hai momentos brilantes. Destacaría a fotografía, os planos (o mismo se fixa en detalles, o do teléfono ou que mesmo parece que non hai cámara,...)

Se vou o festival é por ver estas cousas, as veces ves xoias (a do kustutika), as veces ves pelis coma esta (que me parece boa pero creo que non estaba ben masticada) e teño visto algunha que non me dixo nada (as mensos)

J. Rogelio Rodríguez dijo...

En la crítica cinematogáfica, como en la musical, la literaria, la de arte, en general, hay personajillos más que evitables que no aportan nada. Sólo obviedades vulgaes que confunden. Tal vez subyace un problema de formación estética o la atracción del esnobismo "criticista".
No obstante, hay publicaciones serias en que contienen espacios intertesantes para la reflexión, para la crítica concebida ésta como manera o modo de "pensar el cine". En este sentido, encuentro en el Cahiers (ed. española)esos espacios de reflexión sobre el cine muy lejos de las obviedades habituales de algunos santones y "cagasentencias", totalmente prescindibles.
(Gracias por vuestros comentarios sobre esta película. Espero haceros llegar el mío pronto)