Moitos/as preguntarédesvos que é esto do Ouff. Xa que soa como a cansancio ou a pinchazo dunha roda, ou algo así (a verdade que cando lle cambiaron o nome non pensaron moito en como ía a soar). O Ouff é o Festival de Cine de Ourense, que xa chega a XIII Edición.
Por segundo ano estará dirixido por un caldelao, Enrique Nicanor. Aínda que esta será a primeira vez que el estea a fronte de todo o Festival, xa que o ano pasado comezou a tomar o timón tres meses antes, co cal tivo que desenvolver o programa que fixeran os seus antecesores.
Sabendo do seu curriculum e a enorme bagaxe que ten no mundo do cine, seguro que este será o mellor festival de cine que viviu Ourense.
Aínda non me deu tempo de ver o programa detidamente, para xulgar se ten boa pinta, pero aquí vos queda por se lle queredes botar unha ollada.
Só un apuntamento máis, e sei que esto é un tanto particular (porque para gustos...), pero que para o ano cambien a liña de deseño do cartel, porque había tempo que non ollaba algo tan soso e que non transmitada nada.
4 comentarios:
A min o cartel tamén me parece feo, e a web cunha estética un pouco anticuada. Pero no que realmente importa, no programa, as cousas melloraron.
Coma sempre a sección que máis lle farei é a de inédito en Ourense, porque co "monopolio" do Cinebox creo que cada vez é máis difícil escoller.
O nome resulta moi "onomatopéyico" (dúbida: cómo se escribe en galego). Parece cansancio, ou un can grande ladrando..., pero o realmente importante é que o festival teña calidade. Espero que así sexa
Estarei por alí, a ver se nos vemos.
Bicos!!!
Tamara dame o teu correo electrónico e quedamos
Publicar un comentario