viernes, 17 de octubre de 2008

Al Gore e Su

Estes días anda Susana Bayo (para min segue sendo Su) por Amsterdan con Al Gore. Xa vos teño falado dela e do seu blog Planeta Su nalgunha ocasión.
Susana, ourensana de adopción, é unha das dúas persoas da nosa provincia escollidas polo equipo de Al Gore para poder transmitir o seu proxecto mediante conferencias. Su é unha firme defensora do medio ambiente e coa que é moi interesante charlar e intercambiar opinións. Dende aquí darlle a miña noraboa e dicirlle que a ver se volta pronto para tomarnos unha cañita.
Visitade o seu blog.

2 comentarios:

Susana Bayo dijo...

xa estou de volta e con ganas de voltar a acción. Nun mes terei o material da seguinte conferencia. Solucións. Polo demais en Amsterdam moi ben. Teño que dicir que o grupo de Climate Project en todo o mundo xa impartimos conferencias a 4 millóns de persoas.todo un record do que estou orgullosa de formar parte.
Un saudo e pronto comenzarei a dar guerra!

Javier Diéguez López dijo...

Pois haber se volvo a ter outra oportunidade de estar nalgunha das súas conferencias. De verdade que son moi, pero que moi interesantes. No meu blog comentei xa fai un tempo que estiven nunha conferencia de Susana, e dende logo que nos amosa imaxes que impresionan.
Un saúdo.