Nunca fun ver o fútbol, nunca vin a Miguelón en acción, aínda que sabía do que facía. Coñecino na Carnicería Ribeira Sacra, de Roberto, onde de cando en vez botabamos unhas risas.
Lembro cando saiu a campaña de Campofrío, cun home moi feo, polo que se pirraban as mulleres. Pois Miguelón quixo que lle fixera unhas fotos con delantán e cortando xamón, ó estilo do anuncio, para mandalas a un concurso de Camporfrío.
Era un home vondadoso. Era un neno metido nun corpo moi grande. Debía ter ese corpo tan grande para albergar o seu gran corazón. Ese mesmo que onte lle fallou.
A xente do fútbol di del que era metelo nun vestiario e levantarlle a moral a un equipo enteiro, e coñecendoo debía ser certo.
Lembro, con pena, cando o Ourense descendeu por última vez e no diario La Región saía Miguelón chorando coma un desconsolado. El era así, sentía o fútbol como se fose o pichichi do equipo.
Ata sempre Miguelón.
1 comentario:
Ciao pequeño grandullón
Publicar un comentario