Este foi un domingo "maratoniano", non porque tivera que traballar moito, senón porque participei na II Maratón do Miño en Ourense.
Aquí nos vedes coa camiseta oficial do Ponte Louco a Natalia, Juan Luis e eu. Tamén nos acompañaron Loli e Blas (dous caldelaos de adopción). Nós participamos na modalidade de andaina e retirámonos os 18 km como tiñamos previsto ( o mellor o ano que ven facémola toda, ou por relevos).
Atopámonos a máis xente de Castro Caldelas como Xocas e José Carlos, de Montederramo a Jorge Cacharrón e moitos/as amigos/as de Ourense.
Belén non nos poido acompañar porque estivo na organización, matándose a traballar como toda a xente da CEO. Moitas gracias para ela e os/as seus compañeiros, xa que se non fóra por eles/as non poderiamos desfrutar dun domingo tan entretido.
Por certo, nesta foto vese claramente que entro dúas décimas de segundo por diante de Natalia e Juan Luis ;)
6 comentarios:
O importante é participar, e a medalla e mochila déronnola igual ós cinco, que por certo menuda mochila (para o que non saiba dígoo polo contido: lomo, marrón glacé, mel, calcetíns, chocolate e camiseta).
Pasámolo ben e para o ano haberá que liar a máis xente e superar o listón, e se nos enceminamos moito igual nos poñemos a rematala.
Eu o que máis destacaría é o feito de que esté pensada para deportistas, paseantes e panolis. Paréceme moi positivo o xeito de integrar a todo mundo segundo o seu interese
A min costoume seguirlle o ritmo, ó principio, a estes seudoprofesionais, pero unha vez posto, hasta creo que remataba a media maratón.
O que foi unha pasada é o despliegue de medios: os avituallamentos, os bombeiros de amarante (menudo ruído montaban), os fisios, podólogos, etc...
Quedoume moi bo sabor de boca
Belén, ía decirche que de boa te libraras, pero lendo o da mochila, os fisios e os podólogos...xa non sei que dicir!!!
¡Seguro que te dejaron ganar, Dr.!
Oes rapaz, o das décimas de segundo é porque me tiraches dos pelos, ben se ve na foto, e porque lle deches o teu irmán unha patada. ¡Que hai que contalo todo!
Siento decir que la foto philips lo desmiente. la señorita se había dejado larga la uña del dedo gordo del pie y esta entró una centésima de segundo antes que Vd.
Se siente... (culo caliente).
La organización.
Publicar un comentario