jueves, 18 de septiembre de 2008

De novo pola tertulia de Telemiño

Hoxe asistín, de novo, a outra Tertulia da canle Telemiño. Durante todo o verán non fóra a ningunha por estar sempre que me invitaban fora de Ourense.

Estivemos convidados Camilo Vázquez, cabeza de lista por Ourense do Centro Democrático Liberal nas pasadas autonómicas, Xosé Manuel Fírvida, portavoz do BNG na Deputación de Ourense e no Concello de Barbadás, e máis eu.

Estivemos a falar das áreas metropolitadas, das mancomunidades de servizos e sobre todo da grave crise económica mundial. Imaxino que a tertulia comezará a emitirse a partir de mañá, así que se vos interesa o tema, mellor sintonizade Telemiño e vedes o programa (é unha mágoa que só se vexa en Ourense e nos alrededores).

A veces cando debates con outras persoas que pensan distinto ca un, pesa máis o ton e as formas que se empreguen, que as discrepancias. E a verdade é que con Camilo e Fírvida é todo un pracer conversar polo seu ton dialogante.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

No PSdeG non é esi

http://www.youtube.com/watch?v=QXhomrJWcsw

a.a.l. dijo...

QUE DI ESTE ¿?

Anónimo dijo...

"Que os politicos non arracan outra cousa que contar mentiras sean de direita ou de izquierda !"

E o que di este

Anónimo dijo...

fan tantas eses pra non decir unha verdad que hasta se me olvidou unha 'S' en 'arrasca'