sábado, 5 de julio de 2008

Xiro cara a esquerda no PSOE

Cando en España parecía que si un partido político non xiraba cara o centro estaba perdido, cando tanto o PP coma o PSOE pelexaban por acaparar este espazo porque si nos facía así parecía que nunca se gañarían unhas eleccións, o PSOE xira con paso firme cara a esquerda.
Pero xira a esquera non como imposición dun sector do Partido. Xira a esquerda porque todos e todas as militantes cremos que así debe ser.
Vaise producir un avance importantísimo no carto suposto do aborto, no tocante á eutanasia e no referente á laicidade do Estado.
Eu estou pletórico e feliz, porque creo firmemente nestes tres avances cara a un Estado máis sensible con tres grandes problemas que a sociedade reclama que se arranxen.
Noutra orde de cousas, onte escoitando a todos e todas as cabezas de delegación rexionais púxoseme a pel de pita escoitando a Patxi López. Unha persoa que, estou convencido, será o próximo lehendakari vasco.
O ruxe ruxe segue nos pasillos e nas comisións sobre como vai a quedar a executiva. Todo apunta a que Pepe Blanco deixará Organización para escalar cara a unha nova Vicesecretaría do PSOE e o seu posto será ocupado por Leire Pajín.
Entre a delegación galega non está de todo claro quenes estarán na Executiva. Está claro que estará Pepe Blanco e Carmela Silva. Pero o máis seguro e que haxa un terceiro nome, unha muller...
A ver como quedan as cousas, porque entre a delegación galega hai un certo desasosiego...para que contar máis.
Do resto, aquí aprendendo moito, e desfrutando dalgo que me gusta moito: a Política. Poder defender avances que logo recollerá o meu partido e que se porán en marcha (espero) en España.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Que é para ti a esquerda?
Antes de nada unha esquerda que non sexa anticapitalista non é esquerda.
O PSOE deixou de ser de esquerdas cando Felipe Gonzalez obligou a abandonar o marxismo o PSOE.
Pero bueno, imos con casos concretos a ver se me podes explicar os exemplos que che vou a poñer:
1.- Na votación da semana pasada no parlamento europeo que 22 dos 25 eurodiputados do PSOE votaron a favor dos 18 meses de retención para os inmigrantes, eso e de esquerdas ou de extrema dereita?
2.- Neste congreso do PSOE non se aceptou a moción de Ramón Jauregui para que non se fixesen funerales de estado católicos, onde está a suposta laicidade do Estado que dixo o PSOE que ía a facer?
3.- Onde está a lei esa que prometeu fai 4 anos o PSOE na que se prohibirían as donacións anónimas o partido e serían abertas a xente as financiacións dos partidos políticos co que se lle daría un bon pau a corrupción.
4.- Como se pode dicir que o PSOE xira a esquerda cando impide preguntarlle os cidadáns as súas opinións coa consulta de Ibarretxe.
5.- Onde está a esquerda, cando se segue a torturar no Estado Español e informes como o de Amnistia Internacional din que se vulneran os dereitos das persoas en España sistematicamente? Lembremos que fai 2 semans, o preso político galego Santi Vigo foi torturado por carceleiros españois na prisión de Aranxuez.
6.- Onde está a suposta esquerda na lei dos 400 €?
7.- Como se pode falar de esquerda cando os únicos investimentos no ferrocarril son pra facer un tren de ricos como é o TAV ao mesmo tempo que nos cargamos os trens de cercanías?
8.- Onde está a esquerda nos pelotazos urbanísticos e na destrucción do territorio no goberno bipartito da Xunta?

E un largo etc que podería pasar días e días.
Espero unha resposta.
Fdo: Votante socialista no 2004 que non vos volveu a votar dende entón.

Anónimo dijo...

No me parece un giro muy a la izquierda que el gobierno acabe de aprobar una reforma en educación y su correspondiente currículo en el que se suprime la TUTORÍA en 2º de bachillerato por una hora de RELIGIÓN????????? Qué país de locos es este?