miércoles, 16 de julio de 2008

Morreu o "novelista rural do obxectivo"

Esta é a última foto que se tomou de Virxilio Viéitez, o fotógrafo de Soutelo de Montes. Virxilio foi un retratista de pobo, como outros moitos que ten habido en Galicia e en España. Pero este retratista, que se gañaba o pan coas fotos carnet e as das bodas, levou a cabo unha obra digna dun novelista do rural coa súa cámara de fotos.

Virxilio non pasaría de ser un fotógrafo máis de non ter sido pola súa filla que lle mostrou a súa obra ó Mundo. Gracias a eso, foron multitude os grandes fotógrafos do momento que quixeron coñecer en primeira persoa a obra do de Soutelo de Montes.

Que eu saiba, téñenselle publicado tres libros: Virxilio Viéitez: Álbum, do Centro de Estudos Fotográficos; Virxilio Viéitez: O retrato, da Universidade de Vigo; e Virxilio Viéitez, de La Fábrica.


Aquí podedes contemplar a fotografía icono de Virxilio: Unha muller á porta da súa casa pousando cunha radio. Este fotógrafo foi un gran compositor do retrato. Con moi poucos medios logrou realizar unhas extraordinarias obras.

Di del Silvia Pampín que "considerado un dos mellores retratistas do mundo, retratou os seus paisanos combinando modernidade, depuración técnica e documento social, recurrindo a unha coidada escenografía coidadosamente elexida e de sorprendente orixinalidade"

Unha clase de documento que impactou moito, ó coñecerse a súa obra fóradas fronteiras galegas, foi o retrato dos defuntos. E impresionantea colección que deste tipo de fotografías posúe. Esto é debido ó culto á morte que se ten na nosa terra en comparación a outros lugares.

A súa obra poidemola ver en Ourense na exposición "150 años de fotografía en España" da man de Publio López Modejar.

Dende PHotoEspaña calificano coma un dos 78 mellores fotógrafos do mundo. Virxilio só tivo un problema, que viviu en Soutelo, lonxe dos grandes centros artísticos que o poideran ter feito coñecido moito antes. De non ter sido así, hoxe estariamos falando dun dos grandes coñecidos do retrato a nivel mundial.
É curioso o que del dí Xosé Luís Suárez Canal, un dos seus descobridores: "Poñía o ollo e tiraba unha sóa foto. Esa era a que valía. É un exemplo de como a fotografía cotián entra nas galerías e museos pola súa enorme visión artística".

"Virxilio Viéitez non é deses fotógrafos que dan mordedelas secas por roubarlle un plano á Historia. O seu foi deixar que o tempo pasara, alleo a todo, incluso a si mesmo. Na noite de onte acadou o cumio da indiferencia, na súa casa de Soutelo de Montes, na bibarra que fixo inmortal e que percorría naquel Seat 1500 que comprou para levar á noiva das bodas; ou coa Moto Guzzi para a faena discreta de ir polos camiños de carriza a buscar xente, vida, a disparar". (Antonio Lucas)

2 comentarios:

edoronio, episcopum auriense dijo...

Home eso de pasar a ser un dos primeiros mundiais se esto ou se aquelo paréceme pouco serio.

Ademáis penso que as novas tecnoloxías facilitan as cousas, podemos descubrir e espallar novos valores, democratizan a arte e o coñecemento.

Hai algho que me arrepena, porque esa teima "burguesa" de ser o mellor do mundo, de ser o primeiro de ser o máis destacado.

Home non jodas, eso non é o meu socialismo. Ou eu son anarquista?. Non creo. Pero estou hasto o carafio deste simio "homo sapiens" e a súa teima de ser o mellor do mundo.

De todos xeitos grazas por as fotos.
A arte está lonxe da ideoloxía.
As ideoloxías fan dano, a arte cura.

Desemuleme.

Paula dijo...

E casualmente eu agora traballo en La Fábrica, a editorial que publicou o último volume de Virxilio. A mala fortuna quixo que falecera días despois de comezar a promoción do seu libro. Sirva de homenaxe póstuma.
Myriam, a filla de Paco, o ferreiro da Pena.