Imaxino que a estas alturas, os/as que vos interese, xa saberedes a composición da Executiva e demais órganos do partido, porque aquí os segredos duran pouco. Agora mesmo acabo de votar o Comité Federal, a Comisión Federal de Ética e Garantías e a Comisión Executiva Federal. Dentro dun rato darán os resultados e logo iremos á clausura ó plenario.
Onte saberedes que Zapatero foi reelexido Secreatio Xeral cun apoio de máis do 98%.
Pero o máis bonito deste Congreso foi o debate das ideas. Que por certo, houbo moitas ideas, e moito debate.
Como anécdota contarvos que onte a noitiña cando xa tiñamos reservado para cear, cambiamos os plans. Chamounos a nosa compañeira, Elena Espinosa e convidounos a ir cear con ela á casiña que ten dentro do recinto do Ministerio.
Alí estivemos un grupo de amigos/as e compañeiros/as ata ben entrada a madrugada.
Boa comida, bo viño e bos licores.... Cando queirades unha boa dorada ó forno chamade a Elena que vos dea a receita, porque estaba boísima ;)
Unha aperta e ata pronto, dentro dunhas horas xa voltamos de regreso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario