Antes de nada pedirvos desculpas por tardar tanto en falarvos da moción de censura de Calvos de Randín. Pero dende o outro día tive bastante traballo e tamén necesitaba tempo para descansar.
CRÓNICA:
Saímos de Ourense, Iria, Lalo e máis eu cara aCalvos de Randín. Cando iamos de camiño falabamos de que posiblemente habería bastante xente, xa que foron moitos/as os que nos comunicaron que querían asistir para apoiar os compañeiros socialistas de Calvos de Randín ante tal aldraxe.
O día anterior estiveramos co alcalde, Aquilino, e xa viramos moitos veciños concentrados ante o Concello cara as 8 do serán.
Pero cando chegamos a Calvos de Randín quedamos estupefactos. Eran pouco máis das oito da mañá e xa nos se cabía no Concello. De feito só Lalo foi quen de dar entrado.
Cada vez viña máis xente para apoiar a Aquilino. Nin unha soa persoa do PP. A espera facíase longa. Aínda quedaban catro horas. Pero de súpeto...sorpresa.
Aparecen dous homes e unha muller cunha cámara de vídeo caseira e cuns distintivos que rezaban "PRENSA TV" colgados cuns cordeis do Concello de Ourense. A xente dáballe a risa, porque xa viran algúns coches pola vila con xente traxeada de negro, de onde sairan estes tres.
Máis tarde comezan a dar voltas polo concello unha ducia de homes de complexión forte e logo vanse, e pasados uns minutos.....
Aparecen tres coches a todo gas pola vila e entran cara a porta do cocello como os Homes de Harrelson, ábrense as portas dun todoterreo, un mercedes e un ibiza e baixan o trásfuga e os concelleiros do PP protexidos por un grupo de matóns.
Sen mediar palabra, estes homes comezan a tirar de nós cara atrás (que estabamos intentando acceder ó concello pero non podiamos debido a gran cantidade de xente que había no interior), logo a agredirnos, dan patadas, puñetazos, codazos, tiran a algunha xente o chan... A min rebéntanme un beizo e danme uns golpes nas costelas. A unha muller que estaba o meu carón tírana o chan e dunha patada na boca sácanlle un dente. A outro home cortanno na man (creo que foi cunha navalla). Agarran a un grupo de mulleres polas tetas con moitísima violencia. Tiran á xente maís maior...
Nesto avisamos a Garda Civil para que os identificase xa que queriamos poñer unha denuncia contra eles. E sorpresa.... varios deles amigos de D.José Luis Baltar.
Sí, sí, do presidente do PP e da Deputación de Ourense. Moi bos amigos. Unha proba máis de quen está tras todo esto, unha vez máis, o Rei das Censuras.
A Garda Civil intenta que os concelleiros/as censurantes entren no Concello, pero ven que é imposible debido a cantidade de xente que hai dentro e os que estamos fora e queremos acceder.
Dende dentro óese que o alcalde berra pedindo que deixen pasar os/as concelleiros/as, pero estes a verdade é que non deben ter moita gana ó ver o ámbiente xa que en ningún momento fan ademán de entrar.
Chega a hora do pleno e este celébrase. catro votos en contra da moción de censura, ningún a favor. Rexeitada. A xente berra dentro. Quere sair, pero é imposible. De feito tardaron unha hora e media.
As 13.30 logra sair o alcalde, que é vitoreado por unha multitude. Todos/as lle berran ALCALDE, ALCALDE. Os do PP e o tránsfuga desaparecidos.
E mentras trascorría todo esto, Baltar na Deputación rexeitaba unha moción do PSdeG-PSOE condeando o transfuguismo e a moción de censura de Calvos de Randín. E para máis inri, onte volvíase o anxo da garda dos censurantes e culpaba de antidemocrático ó PSdeG-PSOE porque. segundo el, impediramoslle ó acceso ó concello os do PP. Como puntilla acusaba o alcalde do PSOE de Cortegada, e ex-comisario de Policía, de estar a fronte de todo. E este atopábase nese mesmo intre xusto onde estaba Baltar, na Deputación.
Creo que non quedan dúbidas de quen foi a artimaña desta moción de censura....o seu nome non é outro que o de JOSÉ LUIS BALTAR PUMAR.
E Núñez Feijóo mirando para outro lado.
3 comentarios:
Mallaronte coma se foses un pulpo. Os do PP ainda pensaran que están na época grecoromana, xa que mandan leons a xente do pobo que estaba ali congregada pa demostrarlle que a democracia realizase a base de golpes a democracia e a base da intimidacion. Espero que as denuncians que puxestes saian adiante e que leven o castigo que se merezan. Sinto que non poidera asistir pero tiña examen na Facultade. Un saúdo de Alberto
Antes de nada unha aperta dende Cabanas. E que vos recuperedes o antes posible de tremenda aldraxe.
O que me chama a atención, se cadra estou equivocado, é a escasa repercusión mediática, unha entrada no boletín da noite na RTVG, e pouco máis. E polo que contas é grave a situación tanto previa coma logo despois os acontecementos desenrolados.
Hai un dito moi extendido que dí "aínda que a mona se vista de mona mona se queda".
O que non queira ver que é unha fina maniobra de brocha gorda para desbancar a un alcalde, pois que quite as legañas ou depile as cellas, eu non creo nesa maneira de facer política.
O dito, unha aperta e que vos melloredes todos o antes posible.
Tú lo has dicho: matones a sueldo. Pura gentuza (sobre todo los "capos"). Increíble que a estas alturas podamos presenciar un espectáculo tan cutre.
Ánimo y recupérate - Un abrazo
Publicar un comentario