lunes, 12 de mayo de 2008

Xa coñecemos esta vella historia

Outra vez máis... e van mil. Baltar volve a facerse a víctima e fai unhas declaracións dicindo que el non quere seguir áfronte do PP provincial se non o queren as bases. Tamén afirma que cando determinen que sexa o congreso, que se debería buscar candidato. Baltar Pumar, lembra que el non quere permanecer e que leva á fronte da "nave" popular 16 anos. Di que a el ninguén o vai facer inútil á fronte de de nada". Sen embargo, pese a manifestar que cre que o que teñen que facer é ir preparando a sucesión", o Presidente do PP en Ourense non descarta totalmente a súa continuidade no cargo, xa que, admite que estaría a disposición do que queiran", que sería moi reticente a volver a presentarse, e que só se me chaman e me piden auxilio.
Esta canción xa a coñecemos doutras veces, Baltar chorando para logo dicir que todos o queren, que vai facer un esforzo, que el non abandona esto e que segue adiante co PP de Ourense.
E para máis inri hoxe sae Ruiz Rivas dicindo que Baltar é un crack e que Ourense está marabilloso, e todo grazas a el.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Por desgracia en Ourense coñecemos esta vella cantinela: voume, voume,... non queredes que me vaia?...pois logo quedo.
Que se vaia dunha vez aver se Ourense despega e desaparece o caciquismo baltariano