miércoles, 21 de mayo de 2008

Será Obama por fin o candidato?

Parece ser que logo de gañar nas primarias desta noite no Estado de Oregón, Barack Obama será o candidato "demócrata" á Casa Branca. Logo dunha longuísima campaña o senador demócrata lógrase impoñer á Hillary Clinton.
Agora mesmo e logo dunha campaña tan dura e longa na que un candidato e outro se foron desgastando mutuamente, creo que Obama debería invitar a Hillary a que fose a súa número dous. E esta debería aceptar a invitación polo ben do seu partido, se é que queren desbancar ós republicanos da presidencia dos EE.UU.
Creo que o sistema de causcus e primarias que pervive en EE.UU. e demasiado longo e agónico, e que moitas veces fai que se desgasten demasiado entre os posibles candidatos dun mesmo partido.
Calquera dos dous demócratas será moito mellor presidente dos EE.UU. que o candidato republicano. Pero este último, aínda que está desaparecido, non está desgastando. mentras tanto Barack e Hillary tiveron que loitar moi duro un contra outro nestas primarias.
Creo que este tipo de eleccións, que está moi implatado na cultura democrática dos EE.UU. debera ser moito máis curto no tempo, de maneira que se aforraría moito tempo e cartos.
De todos os xeitos, ogallá lle vaia ben a Obama, porque creo que o Mundo sempre será máis xusto e máis pacífico co candidato demócrata de Presidente que non con John MacCain como inquilino da Casa Branca.
Se vos interesa o tema das eleccións nos EE.UU. podedes atopar unha boa guía en inglés neste especial do The New York Times.

1 comentario:

Anónimo dijo...

¿Será Obama por fin el candidato ...que pueda derrotar a McCain? Me temo que con Hillary Clinton la respuesta sería fácil.