miércoles, 14 de mayo de 2008

Onde está CCOO?

Dóeme bastante ter que escribir esto, xa que teño moi bos amigos en CCOO e creo que, en xeral, están a facer un importantísimo traballo en prol dos traballadores, pero hai cousas polas que non se pode pasar...
Ata o de agora na Deputación Provincial de Ourense os representantes dos traballadores pertencían todos (de cando en vez dábase colado un de UGT) a un sindicato "amarelo" que estaba comandaddo polo "patrón" Baltar.
Dende as últimas eleccións sindicais todos estes traballadores (a maior parte vinculados ó PP, alcaldes, concelleiros, familiares destes...) presentáronse por CCOO.
UGT e CIG nin tan sequera lograron presentar candidatura, polo que todos os delegados sindicais foron a parar a CCOO.
O PSdeG-PSOE está a denunciar todos os días as tropelías que leva a cabo Baltar no tema de persoal: oposicións amañadas, contartacións a dedo, etc...
E onde está CCOO para denunciar todo esto?. Pois en ningún lado. Como lle pasa a Rajoy estes días, están desaparecidos e enmudecidos. Non din nada para non molestar o seu xefe de partido.
Creo que a dirección de CCOO ten que tomar medidas ante estes señores que non defenden os dereitos dos traballadores, senón que só se adican a esconder as chanchulladas de Baltar.
Un sindicato de tanto arraigo e do que forman parte importantísimos loitadores en prol dos dereitos dos traballadores non se pode permitir este luxo de que unha comparsa deste tipo enmerde o seu currículo.

7 comentarios:

un afiliado de CCOO dijo...

Osorio ¿Que sindicato Goberna en Castro Caldelas?
Non amañaches tu esas eleccios??
En CCOO somos un sindicato non un partido político.
UGT=PSOE CIG=BNG CSIF=PP
Onde esta UGT e CIG no conflicto de Medio Rural e en todos os chiringuitos clientelares que esta a facer o bipartito?????

Anónimo dijo...

Está claro que en Castro Caldelas (imaxino que te referiras ó Concello) goberna o sindicato que tivo máis votos. Por certo sabes se hai algún traballador que pertenza a CCOO. Por que ó mellor o problema é ese

Ariadna dijo...

Dice moito de ti (afiliado de ccoo) que fronte a unha denuncia da labor do teu sindicato na Deputacion ( que está en mans do PP e o sabe toda a provincia, que é denunciado por moitos compañeiros teus no seo de CCOO) defendas asúa xestión e ataques a outros frontes.

Por certo, teño que che recoñecer unha cousa: a labor de CIG e UGT no conflicto de Medio Rural non é do meu agrado ( e milito na CIG), e denuncioo sempre que podo. Ti deberías facer o mesmo con CCOO na Deputación

Anónimo dijo...

Hace falta tener estómago. Y luego quienes son los CCOO en Medio Rural, en la diputación, en los ayuntamientos del PP, en san Rosendo: EL PARTIDO POPULAR. Señores, entérense: EL PARTIDO POPULAR. Y este de C C O O aún tiene algo que decir. Manda cojones........

Anónimo dijo...

Paco Majide, un dos mellores sindicalistas de CCOO, ahora e alcalde do Psoe en Parada do Sil, por certo enteradebos de como esta cambiando o concello en pouco tenpo, menuda volta lle esta dando.

En CCOO somos sindicalistas,e non nos vendemos a ningún partido.

Demos caña cando gobernaba o PP, damos caña ahora.

Vos seguide utilizando os sidicatos para que vos faga os traballos sucios, en CCOO traballaremos para solucionar os problemas goberne quen goberne.


ESTA CLARO QUE NA DIPUTACIÓN GOBERNA O SINDICATO QUE TUBO MAIS VOTOS.

Anónimo dijo...

Para o de ccoo:
Majide é Magide
E é é
Enteradebos é enteraivos
Esta é está
Tenpo é tempo
Ahora é agora
Tubo sería tuvo, pero é tivo
Etc, etc...

Eladio Osorio Montenegro dijo...

Unhas cantas aclaracións para os que non queren entender:
Non misturemos as churras coas merinas, eu estou a falar dun problema de CCOO na Deputación e non do alcalde de Parada do Sil.
Paco non é un dos mellores alcaldes da provincia, eu atreveríame a dicir que é o mellor alcalde. E con esto aclarado deixemos de falar del, porque este tema vai coa dirección do sindicato e non cun afiliado.
Non vexo lógico que un afiliado a CCOO defenda a política deste sindicato na Deputación, porque non hai tal política, están desaparecidos totalmente. E todos, todos, todos, os que ían na lista de CCOO na Deputación son cargos do PP ou teñen relación con eles.
Sei de boa tinta que na dirección de CCOO na provincia e en Galicia teñen saltado chispas por permitir que a organización sindical (que merece todos os meus parabéns pola súa laboura ó longo dos anos) acollera nos seus brazos os restos do sindicato amarelo de Baltar. O que non queira ver esto ou é do PP ou é que non quere ver a realidade. Non sei en cal destos dous tipos se podería enmarcar a esta persoa que escrebe co nome de "un afiliado de CCOO".
E un último apunte: cando alguén acusa de algo e o outro non é capaz de defenderse, senón que acusa doutra cousa, malo. É que a acusación que se fai primeiro non se pode rebater.