Nacín no 71, en Castro Caldelas. Alí me criei e medrei xogando entre os castiñeiros na Devesa. ¡Cantas veces alí xogamos os pistoleiros...!. Logo estudei en Trives, onde fixen moi bos amigos/as. Máis tarde fixen en Ourense Educación Social. Esta carreira marcou a miña vida, polo que aprendín e por coñecer nela a Belén, a miña parella. A mellor persoa que se cruzou na miña vida.Traballei dez anos como técnico de desenvolvemento rural para a Asoc País do Bibei-Ribeira Sacra. Dende pequeniño levo metido o PSOE no sangue, xa que meu pai é alcalde socialista e entre el e a miña nai infundíronme uns valores baseados na igualdade, na tolerancia, no respecto e en preocuparme polos temas sociais. Fun concelleiro e portavoz do PSdeG-PSOE en Castro Caldelas do 91 ó 99 e do 07 ata hoxe, tamén secretario comarcal do PSdeG-PSOE de Trives-Caldelas do 04 ó09. Traballo como asesor do Grupo Socialista na Deputación de Ourense. En novembro de 2009 constituiuse por primeira vez na historia do socialismo ourensano a Executiva do PSdeG-PSOE na provincia, os/as compañeiros de partido encomendáronme a tarefa da Secretaría de Acción Electoral. Son o maior de catro irmaos, e son un apaixoado da fotografía.
1 comentario:
Acebes, Zaplana y la Condesa Consorte de Murillo se han "retratado" en el juicio de Don Federico.......
Publicar un comentario