jueves, 22 de mayo de 2008

Mala organización no concerto de Manu Chao

Eran as 20:45 cando Belén e máis eu entramos no recinto. Dentro só había unhas 30 persoas. Eu nesto son precavido e prefiro chegar con tempo, porque xa me esperaba o pior (non hai moito puiden ver a Serrat e Sabina en Pontevedra por 5 minutos, xa que logo pecharon as portas). Escollemos sitio, porque nos deu tempo a eso e moito máis. Puxémonos en primeira liña de platea (do que antes era a platea do Teatro Xesteira).
Comezaron os teloneiros, O Sonoro Maxín, do ex-Mano Negra, as 22:30. O son malísimo, horrible, nefasto, pero houbo que aguantar.
Logo unha longa espera, a xente asubiando e berrando. A calor abafaba, todos sen camisetas. O fume afogaba.
Comeza Manu Chao e todo o anterior esquecido. Un directo fenomenal, o son perfecto, a posta en escea traballada e a súa banda o mellor do mellor.
Fíxome na cantidade de xente que había e pensei que aínda collían algúns máis. e eso que eu chegara cedo por medo a que venderan entradas de máis.
Remata o concerto e ó sair vin moita Policía Local pero non lle din importancia. E o día seguinte ó ler a prensa entérome que como xa pasara con Sabina e Serrat en Pontedvedra, pecharon as ortas e non deixaron entrar a máis xente.
Aquí podedes ver xente con entrada que se quedou fóra. Creo que a estes listillos que organizan concertos vendendo entradas de máis lles tiña que cair unha multa que polo menos fóra tan grande como todo o que recaudaron. Empresarios de pacotilla, eso é o que son. Pero como a Xustiza é leve con eles, a seguir facendo máis destas que non pasa nada.
Por certo, as fotografías son sacadas do xornal La Región e son de Xesús Fariñas. Mañá colgarei algunha dun gran fotógrafo ou fotógrafa coa que compartín un ratiño de concerto, pero que non podo desvelar o seu nome xa que senón liquídana no seu traballo por andar circulando as súas fotos por ahí. Que pena, porque me ancataría poder dar o seu nome.

1 comentario:

encarna dijo...

Belén ¿cómo conseguiches aguantar? Eu seguro que xa tería sufrido varias lipotimias e non causadas polos artistas, que me encantan (tanto Manu como o Sonoro Maxín). Un bico