martes, 13 de mayo de 2008

Baltar pon atrancos á labor de oposición do PSdeG-PSOE

José Luis Pérez García, deputado provincial e viceportavoz do Grupo Socialista na Deputación de Ourense, ademais de alcalde de Vilardevós ven de denunciar unha vez mais os atrancos que Baltar lle pon o PSdeG-PSOE en Ourense para levar a cabo a labor de control que lle foi encomendada nas urnas polos electores.
Aquí vós deixo a nota de prensa emitida no día de hoxe:

OS SOCIALISTAS DENUNCIAN QUE BALTAR SE NEGA A FACER PÚBLICA UNHA RELACIÓN DO PERSOAL CONTRATADO NA DEPUTACIÓN DENDE XANEIRO DESTE ANO

- Pérez García, deputado provincial, denuncia que Baltar segue obstaculizando a labor de oposición do Partido Socialista na Deputación.

Ourense, 13 de maio de 2008. O grupo socialista na Deputación volve solicitar a Baltar unha relación do persoal contratado no ente provincial dende xaneiro deste ano e, pídelle que explique os motivos polos que se nega a facela pública.

O pasado tres de abril o deputado provincial e alcalde de Vilardevós, José Luis Pérez García, solicitaba unha relación do persoal contratado polo ente provincial dende xaneiro de 2008 ata día de hoxe coas funcións que realiza cada un deses traballadores. “Pasaron xa corenta días e os membros do grupo socialista aínda non recibimos resposta algunha ao respecto. Mes e medio é tempo máis que suficiente para recibir a petición dun grupo da oposición e darlle resposta”.

“Unha vez máis –insiste o deputado provincial- Baltar está a poñer atrancos ao grupo do PSdeG-PSOE na Deputación impedíndonos levar a cabo a labor que os cidadáns nos encomendaron nas urnas. Os socialistas esperamos que esta demora na resposta á nosa petición se deba a algunha razón de peso, do contrario veriámonos na obriga de denuncialo; non estamos dispostos a permitir que Baltar sega a limitar a nosas funcións”.

Pérez García pregúntase cales son os verdadeiros motivos polos que Baltar “garda con tanto recelo a relación de persoal contratado pola Deputación provincial dende o 24 de xaneiro de 2008. Recórdolle a Baltar que o grupo socialista ten dereito a saber quen traballa para o ente provincial e cal é a labor que realiza cada traballador”.

“Se esa lista non se fai pública é porque Baltar sabe que, unha vez máis, podería quedar descuberta a súa faceta de cacique e os criterios de amiguismo e partidismo que se empregan na selección de persoal da Deputación. Se non houbera nada que esconder, Baltar xa houbera remitido esa relación ao grupo socialista. Estamos seguros que esa lista desvela que Baltar é, como el mesmo se definiu, un cacique rancio”.

Os socialistas tamén piden, por segunda vez, a relación de persoal que rematou o seu contrato dende o 24 de xaneiro de 2008 ata hoxe e, insisten en que “faremos a mesma petición cantas veces sexa necesario”.

No hay comentarios: