lunes, 14 de abril de 2008

Superministra

Se hasta o sábado os/as socialistas da provincia de Ourense estabamos contentos por ter unha ministra no gabinete de Zapatero, agora a nosa ledicia é dobre. Elena xa non só é ministra, é superministra.
Neste novo gabinete que se tendeu a desgaxar algúns ministerios e no que hai máis carteiras das que había, Elena Espinosa é unha das persoas que máis reforzada sae o ter que afrontar un enorme reto: xestionar o seu antigo ministerio e máis o que levaba Cristina Narbona.
Eu sei que tras o primeiro impacto que produce sorpresa e algo de vértigo, Elena dará afrontado este reto xa que é unha gran xestora e unha persoa cunha gran capacidade de liderazgo e de traballo.
Moito ánimo e a seguir traballando por Ourense, pero agora o dobre...
Por certo, a fotografía é en plena campaña electoral, no castelo de Castro Caldelas logo de dar un mitin e ter unha reunión con gandeiros da comarca

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Non sei si será súperministra, pero o que sí sei é que o lugar da foto é un súper lugar e unha súper paisaxe

Anónimo dijo...

e feita supermal, nunha supersombra que vos fai superoscuros e podia ser a superministra ou a superquevendenosupermilucho,ou a supertata ou superman porque non se ve un supercarallo.

Anónimo dijo...

SÚPER ANÓNIMO: O QUE É SÚPER É A PAISAXE E O LUGAR!!!!!!!!!!!!!