Hoxe o Diario Oficial de Galicia publica a asistencia técnica para a redacción do estudo informativo e impacto ambiental da obra: nova estrada de conexión da comarca de Trives coa estrada N-120 que servirá para conectar as comarcas de Caldelas e Trives coa estrada que transcorre ó carón do Sil e coa futura autovía A-76, vaia por onde vaia.
Esta é unha boa nove que significa a boa vontade da Consellería de Obras Públicas para que os nosos concellos estean ben comunicados.
Posiblemente nos próximos días haberá máis novas boas relacionadas coas estradas de Castro Caldelas, pero xa vos irei comentando todo ó seu tempo.
2 comentarios:
Hoxe publiquei no meu blog unha nova da Rexión que fala desta futura conexión. A mín persoalmente non me parece unha gran nova, xa que todo indica que a futura A-76 pasará, polo trazado da N-120. Non nos deberíamos de conformar con estos accesos. Temos que loitar para que a autoestrada pase polo Castro.
Un saúdo.
eu creo que o que a estas alturas non se dera conta de que a autovía non ven polos nosos Concellos vive noutro planeta
Publicar un comentario