domingo, 20 de abril de 2008

Cea Socialista con Elena e Emilio


Onte por fin foi o día. As socialistas e os socialistas da provincia de Ourense reunímonos para celebrar os asombrosos resultados que acadou o PSdeG-PSOE na nosa provincia. O ágape estivo predidido polo noso Secretario Provincial, Pachi, o noso Secretario Xeral, Emilio e pola nosa Deputada e Superministra Elena.

Antes de cear pronunciaron os tres unhas palabras de agradecemento á militancia, ós/ás simpatizantes, e sobre todo a todas aquelas persoas que sen ter nada que ver co noso partido nos deron o seu apoio nos pasados comicios.

Foi un chamamento á unidade e o traballo e un recoñecemento a todas e cada unha das agrupacións locais polo meritorio traballo levado a cabo.

Na cea non faltou, practicamente ninguén: concelleiros, alcaldes, diputados, senador, delegados, e sobre todo militantes. Eramos máis de cincocentos.

Dende Santiago tamén se achegaron Blas, Eva e Víctor para axudar na organización do evento.



Na primeira foto estamos a xente que traballamos na campaña (faltan algúns) con Elena. De esquerda a dereita: Bea, Pili, Conchi, Antía, eu (Eladio), Nel, Elena, Iria, Lalo, Isabel e Susana.

Na segunda foto estamos de charla Elena e máis eu controlados por Tito (seu irmán), Conchi e Isabel.
Por certo, no intre da foto, aínda que o poda parecer, elena non me está ofrecendo ningunha Dirección Xeral, ;).
Bueno, bromas aparte, este foi un acto de unión entres todas e todos os socialistas e un gran recoñecemento ó esforzo de toda a xente que botou unha man na campaña electoral. Agora, e aínda que pareza que non, xa estamos inmersos noutro proxecto, as eleccións autonómicas de 2009, que están ahí á volta da esquina.


2 comentarios:

Anónimo dijo...

Cáeseche a baba mirando para a superministra

Anónimo dijo...

Só un apuntamento sen ánimo de ser tocapelotas, ainda que o pareza. Penso que o de tentar ser "políticamente correcto" non se pode aplicar a todos os eidos: explícome. A língua ríxese pola lei da economía lingüística, que basicamente ven a ser que as linguas podes xerar un número infinito de mensaxes cun número moi limitado de elementos mínimos (os fonemas). deste xeito, tanto en castelán como en galego, téntase que co menor esforzo posible, un falante sexa capaz de comunicar a máxima información. Por outro lado, ambas linguas coñecen un xénero (lingüístico)non marcado, é dicir, que vale tanto para masculino como para feminino, e que´herdeiro das antiguas declinacións latinas... resumindo. o correcto dende o punto de vista lingüístico é dicir: os socialistas, e non a absurda perífrasis os/as.... que atenta contra a lei da economía lingüística. Non é cuestión de machismo nin feminismo, a lingua non sabe de "sexos" senon de "xéneros". Evidentemente, cada quen pode facer o que lle veña en gana, pero a min resúltame moi ridículo eso de "-a/-o" por todos os lados.Grazas.