Xa me ten pasado varias veces que charlando con algunha xente que lee o meu blog me tacha de ser moi condescendente co goberno do PSOE e ser moi pouco crítico. A verdade e que se non fago máis crítica e que non vexo moito que criticar. Estou moi orgulloso do meu partido e das personas que dentro del me representan e nos gobernan.
Pero desta vez vou romper a tónica reinante no meu blog. O outro día ó ver o acto de promesa de Zapatero e do grupo de ministras e ministros que nomeou leveime unha enorme decepción.
A Constitución Española di no seu artigo 16.3 que ningunha confesión terá carácter estatal, se ben é certo que tamén di que os poderes públicos tenrán en conta as crenzas relixiosas da sociedade española e manterán as consieguintes relacións de cooperación coa Igrexa Católica e as demáis confesións.
Entón tomando este artigo como base, ¿que pinta un crucifixo enriba da mesa e ó carón da Constitución para a promesa dos cargos no Goberno. Se o noso Estado é aconfesional, non ten por que estar no acto solenme unha insigna de ningunha relixión. Sei que haberá quen diga que ó mellor é que o Presidente e os/as seus ministros/as son todos católicos (que pode ser aínda que non o crea), pero é que nin así, porque este non é un acto persoal, é un acto no que están representando a un Estado, a un Estado aconfesional.
Eu son ateo e republicano, pero respecto e acto a Constitución Española que di que este é un Estado no que o Xefe de Estado é un Rei. Nunca se me ocorrería prometer pola República, nin coa bandeira tricolor, nin co hinmo de Riego, porque estou ante un acto no que se esixe respectar uns valores colectivos. Pois logo, eu esixo que se este é un Estado aconfesional no que non prima unha relixión sobre outra, ou sobre ningunha, ninguén ten por que facer alarde de sinmboloxía cristiá nun acto colectivo que nos representa a todos/as.
Onte estiven no despacho dun alcalde, que tras del colgaba un crucifixo. Díxenlle non entender que facía alí tal elemento e a resposta del foi que a xente maior lle gustaba. Creo que se poden ter argumentos de máis peso para defender unha determinación, pero dende logo ese argumento non tiña peso ningún.
Se este é un Estado aconfesional, esixo que cumpramos a Constitución ó igual que a teño que cumprir eu por ser un firme defensor dun estado republicano e ter que vivir e defender a un Rei que me é imposto pola mesma constitución.
No hay comentarios:
Publicar un comentario