miércoles, 30 de abril de 2008
Tertulia en Telemiño
martes, 29 de abril de 2008
Estudio informativo de impacto ambiental da conexión da OU-536 coa N-120
Obras en Castro Caldelas

Goodbye Edu
viernes, 25 de abril de 2008
"Mellor ocuparse dos transportes que dos homosexuais"
Non vos espantedes polo titular. Non é unha reflexión miña como podedes imaxinar. É a última lindeza do heroe da dereita española, Silvio Berlusconi.jueves, 24 de abril de 2008
Señor cura, señor cura, ¿xa podo morrer?
Hoxe despertei aterrorizado ó poder escoitar na SER que Esperanza Aguirre permite que os curas participen nos comités de cuidados paliativos. Despois falaba deste tema con Juan José Monedero, o noso flamante Delegado de Sanidade en Ourense e él dicíame que no Comité de Ética de Paliativos do Hospital de Ourense houbo un cura, pero non por ser cura, senón por ser un experto en biopética. Non vou eu agora a ser quen de discutir quen é experto neste tema ou non, e se Monedero me dí que este señor sabe moito do tema, "bendito" sexa. miércoles, 23 de abril de 2008
¿Liberais, Conservadores, Socialdemócratas? Non, en Beade o PP é Franquista


Acto de promesa dos cargos do Goberno. Unha decepción
Xa me ten pasado varias veces que charlando con algunha xente que lee o meu blog me tacha de ser moi condescendente co goberno do PSOE e ser moi pouco crítico. A verdade e que se non fago máis crítica e que non vexo moito que criticar. Estou moi orgulloso do meu partido e das personas que dentro del me representan e nos gobernan.domingo, 20 de abril de 2008
Mira ben onde pos o X
Cando vaias a facer a túa declaración da renda, mira ben onde pos o X.
Podes contribuír ós fins sociais de moitas asociacións sen ánimo de lucro
Cea Socialista con Elena e Emilio
Antes de cear pronunciaron os tres unhas palabras de agradecemento á militancia, ós/ás simpatizantes, e sobre todo a todas aquelas persoas que sen ter nada que ver co noso partido nos deron o seu apoio nos pasados comicios.
Foi un chamamento á unidade e o traballo e un recoñecemento a todas e cada unha das agrupacións locais polo meritorio traballo levado a cabo.
Na cea non faltou, practicamente ninguén: concelleiros, alcaldes, diputados, senador, delegados, e sobre todo militantes. Eramos máis de cincocentos.
Dende Santiago tamén se achegaron Blas, Eva e Víctor para axudar na organización do evento.
Na primeira foto estamos a xente que traballamos na campaña (faltan algúns) con Elena. De esquerda a dereita: Bea, Pili, Conchi, Antía, eu (Eladio), Nel, Elena, Iria, Lalo, Isabel e Susana.
viernes, 18 de abril de 2008
Unha tarde marabillosa

Se nos sodes de Ourense, recoméndovos que un día vos deades unha voltiña por esta zoa e que traiades o bañador para metervos nas pozas de Outariz, no Muiño, no Tinteiro, en Reza ou na Chavasqueira.
miércoles, 16 de abril de 2008
¡¡Viva a República!!
Memorable documental de ficción (ucronía histórica) sobre que houbese pasado en España se na Guerra Civil houbese gañado o bando republicano.
Ten momentos memorables.
Se o queredes ver completo buscade polo Youtube
Comida medioambiental

martes, 15 de abril de 2008
"Capitán, mande firmes"
"Capitán, mande firmes". Esta frase de Carme Chacón supón outro paso máis na igualdade en España entre homes e mulleres. E unha vez máis, foi Zapatero o promotor do nomeamento dunha muller á fronte do Ministerio de Defensa.lunes, 14 de abril de 2008
Orgulloso de ser socialista
Hoxe vendo a foto de Zapatero con todas as Ministras do Executivo estaba reflexionando sobre o valioso que é para unha sociedade que cada vez estea máis preto a igualdade entre mulleres e homes. E hoxe despois de escoitar a Bibiana Aído, a nova Ministra de Igualdade (que aínda por riba é a máis nova na Historia de España) que dicía que "cada vez que unha muller avanza, todas as mulleres avanzan" , eu pensaba que aínda lle engadiría máis á frase: Todos os homes avanzamos, toda a sociedade avanza, e esta tende á normalización.Moitas gracias Jesús
Seguramente fuches chamado para ser máis útil no teu novo destino: crear ideas que guíen o PSOE, pero habémoste de extrañar moito.Moitas gracias ministro por deixar o pavillón tan alto e poñer a España diante do resto de países en cuestións de benestar e avances sociais. Serás recordado polo teu paso no Ministerio como o ministro capaz de poñer en marcha a Lei da Dependencia, unha das máis importantes neste anos de Democracia.
Tiven a honra de te coñecer hai un ano e medio e nas máis de tres horas que tivemos oportunidade de conversar dinme conta que estabas chamado a ser unha dar persoas que nos aportasen máis creatividade e que desenvolvesen o pensamento do novo socialismo, e ahí estás.
Noraboa pola importante labor que escomenzas e unha aperta.
Superministra
Se hasta o sábado os/as socialistas da provincia de Ourense estabamos contentos por ter unha ministra no gabinete de Zapatero, agora a nosa ledicia é dobre. Elena xa non só é ministra, é superministra. viernes, 11 de abril de 2008
O facho olímpico
Viñeta de Ricardo no diario El Mundo
jueves, 10 de abril de 2008
Noraboa a Abel Losada

miércoles, 9 de abril de 2008
Feira do viño en Castro Caldelas

Fagan xogo...

viernes, 4 de abril de 2008
Non me puiden reprimir
Hoxe non me puiden reprimir. Sei que estas declaracións son moi vellas e que o vídeo hai tempo que circula pola rede, pero é que este Pérez Varela é todo un personaxe.
O da COPE non ten límites

miércoles, 2 de abril de 2008
Refraneiro popular: Só nos acordamos de Santa Rita cando chove
E agora vou pasar o tema do suposto asasinato desta cativa que se chama Mari Luz. Este terrible feito aconteceu hai uns días e parece que está destinado a ser o fito mediático destes días.

Está claro que ó respecto deste caso, e falando do suposto asasino aconteceron unha serie de despropósitos e desaguisados xudiciais e policiais propios dunha película. Pero o que é moi perigoso e que haxa xente que a raíz deste caso, no que se producen erros non o xulgar o suposto asasino senón respecto a súa detención e encadeamento, que pida que se cambie a lei respecto os delitos dos pederastas e que se poña en marcha a cadea perpétua.
Non se pode reaccionar á brava logo dun feito no que o que fallou non foi a pena imposta, senón o non habela cumprido. E non é de recibo que agora haxa un partido político oportunista, o PP, que pretenda abrir un debate no que reclame a cadea perpétua para os pederastas. Porque entón por que non a reclama para os asasinos das súas parellas, ou para os terroristas que poñen unha bomba e matan a 200 personas. Esto é hipocresía e oportunismo, e como dicía antes e enlazando co tema de IU e Llamazares non se pode pedir que se cambien as regras do xogo por oportunismo. Sexamos serios, fagamos reflexións e debates coa cabeza fría e nunca como reacción logo de que aconteza un tema concreto.
Prometo escribir máis a miúdo estes días.







