A web permite unha maior interactividade co usuario, xa que habilita a posibilidade de facer comentarios ás noticias publicadas, así como de acceder aos comentarios de outros visitantes. As principais formas de participación son a través da afiliación, o voluntariado e a blogosfera.
A nova páxina web pontencia os aspectos visuais e a actualización constante da información: trátase dunha páxina de lectura máis doada, dinámica, cómoda e cun deseño lixeiro, coidado, actual e moderno.
Dispón dunha canle de televisión propia na que se ofrece a posibilidade de realizar conexións en directo con diversos eventos (www.psdeg-psoe.tv). A páxina permite, do mesmo xeito, acceder a un espazo específico en YouTube para o Partido.
Conta cunha nutrida galería de imaxes e unha blogosfera dende a que acceder aos espazos persoais de militantes e candidatos, e da que tamén os usuarios poden formar parte si así o desexan. Pódese acceder de xeito directo a diversos documentos de interese tanto xeral como específico (novas normativas, publicacións…).
Ademais, dende o novo portal terán acceso directo a outras páxinas webs e espazos de interese máis recente (web de Xuventudes Socialistas, o máis visto, o máis comentado, etc.), e a unha axenda completa con todos os actos do Partido e citas de interese.
En definitiva, trátase dun espazo a través do que o PSdeG-PSOE establecerá coa cidadanía unha forma de comunicación directa e efectiva.
No hay comentarios:
Publicar un comentario