Reflexións e cousiñas sobre Caldelas, política e moitas cousas máis que me preocupan e despertan inquedanzas...
martes, 19 de febrero de 2008
Día movidiño
Onte o día foi completiño. Todo o día con Elena, Ministra de Agricultura. Primeiro xaxún de traballo, logo visita a UGT. Máis tarde estivemos na Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao. Comemos o equipo de traballo da campaña (para seguir programando cousas) . Pola tarde reunión con todas as Asociacións de Veciños de Ourense e pra rematar visita e reunión con mozas e mozos na Casa da Xuventude. E eu cuntrancazo que non podo con el. Vou ter que empezar a coidarme. Por certo a foto é prestada dun bó amigo meu : Suso Regal.
Nacín no 71, en Castro Caldelas. Alí me criei e medrei xogando entre os castiñeiros na Devesa. ¡Cantas veces alí xogamos os pistoleiros...!. Logo estudei en Trives, onde fixen moi bos amigos/as. Máis tarde fixen en Ourense Educación Social. Esta carreira marcou a miña vida, polo que aprendín e por coñecer nela a Belén, a miña parella. A mellor persoa que se cruzou na miña vida.Traballei dez anos como técnico de desenvolvemento rural para a Asoc País do Bibei-Ribeira Sacra. Dende pequeniño levo metido o PSOE no sangue, xa que meu pai é alcalde socialista e entre el e a miña nai infundíronme uns valores baseados na igualdade, na tolerancia, no respecto e en preocuparme polos temas sociais. Fun concelleiro e portavoz do PSdeG-PSOE en Castro Caldelas do 91 ó 99 e do 07 ata hoxe, tamén secretario comarcal do PSdeG-PSOE de Trives-Caldelas do 04 ó09. Traballo como asesor do Grupo Socialista na Deputación de Ourense. En novembro de 2009 constituiuse por primeira vez na historia do socialismo ourensano a Executiva do PSdeG-PSOE na provincia, os/as compañeiros de partido encomendáronme a tarefa da Secretaría de Acción Electoral. Son o maior de catro irmaos, e son un apaixoado da fotografía.
1 comentario:
Visita y danos tu razón para votar el 9m
razonesparavotar.com.
No podemos dejar que la abstención sea la que gane.
Gracias amig@s
Publicar un comentario