martes, 22 de enero de 2008

Son un adicto ós Fachós

Si, teño que confesalo. Teño unha adicción, é a Festa dos Fachós. Que eu lembre, e dou grazas, nunca faltei a Festa dos Fachós.
Xa non é que teña adicción á festa, teño adicción a levar o fachón grande. Estaba botando contas e creo que comecei a levar un fachón dos grandes ó redor dos dez anos, cando todavía era un taponciño. dende aquelas deixei de levalo tres anos. Estes tres anos quixen ver a procesión dende a barreira e cultivar outra da miñas afeccións: a fotografía. Apenábame moito non poder portar o fachón, pero quería ter unhas fotografías da miña colleita sobre a festa (houbo un ano que ata levei o fachón e a cámara e fixen fotos, non llo recomendo a ninguén.
Hoxe quero deixarvos unhas fotos das que fixen dos anos 2003 ó 2005 a ver que vos parecen.
A mín, particularmente gústame levar o fachón grande pero ir adiante. Polo xeral vou entre os catro ou seis primeiros. Pero este ano cambiei de labor. Fun co fouciño cortando os atadixos de palla para regular a forza das lapas. Como poidéstedes ver os que asistístedes á festa as lapas fóronsenos das mans en dúas ocasións este ano. O fachón ía ardendo regularmente e con non moita forza durante a subida, pero un cambio no vento dúas veces ( na unión das rúas do Sol e Grande, e logo onda casa do Xosé do Portugués) fastidiounos a táctica que levabamos de controlalo ardendo de vagar ata chegar á Pousada Vicente Risco para a partir de aí darlle aire a tope e que as lapas levantasen uns metros. Tivemos que tira o fachón o chan dúas veces e non dimos contolado o lume pola palla adiante, polo que o tivemos que cortar, co perigo que eso conleva, xa que quedan ardendo varios metros na rúa contra as casas e pode queimarse algo ou alguén que veña detrás. Eu estiven hoxe contando os buracos que lle fixen á chaqueta por mor do lume e pasa das tre ducias. Pero un ano máis pasámolo de marabilla e mereceu a pena.

Aí vós van as fotos prometidas, espero que vós gusten.


2 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu tardei moitos máis anos ca ti en levar o fachóns grande, cousas de ser gaiteiro, pero garacias ao compañerismo dos outros airiños, e do fácil que é sustituír ó do bombo, voume escaqueando nese momento. Este ano debido a que pasei unha semana de gastrointeritis convencérame a min mesmo de que non ía ir no meollo, pero logo a cabra... eso si foi divertido, eso de que o haxa que tirar dalle moita vida.

Anónimo dijo...

A adicción debe ser familiar ou contaxiarse por xenética a todos os caldelaos (¿qué terán os fachós que todos facemos o imposible por estar o 19 no Castro?) As fotos, xa cho dixen no momento, en cántanme, ainda que vivilo é moito millor claro.
por certo, non te esquezas de dicirme se nos vemos o viernes ou o sábado que hai que inflar o colchón. Bicos