jueves, 31 de enero de 2008

Recordos da infancia


Hai un ratiño tiven un momento para poder escapar do meu posto de traballo e ir tomar un café. Algo que parece o máis normal do mundo, a min cóstame un pouco estes días por mor de todo o traballo que temos con estos de que se aproxima o Día D.
O que vos quería contar é que pasei pola Praza Maior, en Ourense, e atopeime cun grupo numeroso de rapaces que estaban levando a cabo un obradoiro de comadres. E claro, dinme conta que hoxe é Xoves de Comadres. Esto trouxome moito recordos á memoria, xa que cando eu era un rapaz, todos os anos corriamos o Xoves de Compadres e o Xoves de Comadres.
É unha mágoa que esta actividade do Entroido estea practicamante extinguida, agás na comarca da Limia e de Monterrei. Na capitalidade provincial pervive gracias ó apoio do Concello, senón hoxe en día estaría morta. Tamén ten algo que ver con que estes Xoves se sigan celebrando unha caldelá, Maite Vázquez. Co seu empeño (non sei se hoxe en día segue a traballar en prol destas celebracións) promoveu que dende o ente municipal se revitalizase esta festa.
A verdade e que estas festas analizadas en profundidade son unha guerra de sexos, e en min prodúcese un dilema. Por unha banda a tradición, e por outra as miñas conviccións e o meu compromiso coa loita pola igualdade da muller e o home.
Pero ueno, hoxe voume permitir a licencia de berrar aquelo que por tradición nos tocaría hoxe ós homes: ¡¡¡¡ Morran as comadres !!!
Con perdón, ;-)

2 comentarios:

comadre dijo...

¡VIVAN AS COMADRES E MORRAN OS COMPADRES! Eu tamén me permito a licencia. penso que o carnaval era e é só un xogo, unha tradición, un divertimento máis previo á dura etapa da cuaresma. Son muller e non me sinto "guerreando" polo feito de perseguir a un home que leva unha comadre (e supoño que viceversa). A min gustábame o entroido, pero no noso pobo estase perdendo... xa o contaba altazor noutro blog: unha mágoa!

La Ranita Peregrina dijo...

Gracias por tu paseo por mi blog, ha sido gratificante jejeje tanto como tu labor política, que duda cabe. Le he echado un vistazo a tu blog y me da mi que seré asidua.
Por otra parte, seguir manteniendo ciertas tradiciones es realmente bueno, o entroido que viví en mi infancia lo recuerdo con alegría... echo de menos los freixos, tendré que decirle a mi madre que los vuelva a preparar por los viejos tiempos, ya que en mi tierra no son típicos de la gastronomía carnavalesca.
Buen hacer el de tu Ayuntamiento por estas fechas: que lo bueno no muera.
¡Un saludo!